Balance 2025
A Mariña pecha un ano de traballo moi dinámico, marcado pola promoción en mercados prioritarios e o recoñecemento á súa labor de impulso ao modelo de turismo sostible. Un curso no que a Mancomunidade desenvolveu un completo programa de accións no marco do Plan de Sostibilidade Turística no que implicou á cidadanía e ao tecido produtivo na consolidación dun modelo turístico tranformador e respectuoso co territorio.
