Programa de outono de visitas e rutas guiadas, A Mariña en ruta 2023

 

O 7 de outubro arrinca a cuarta edición deste programa de outono de rutas guiadas a pé, visitas guiadas e visitas a obradoiros de artesanía local en torno á cultura e natureza da Mariña Lucense, A Mariña en ruta. Un proxecto promovido pola Mancomunidade de Concellos coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo. Ata finais de novembro desenvolveranse diferentes actividades polos concellos da Mariña onde a artesanía da comarca terá un papel destacado. Será durante as fins de semana e tamén os festivos 12 de outubro e 1 de novembro.

Tralo o éxito de A Mariña en Ruta nos anos 2020, 2021 e 2022 con máis de 700 participantes entre as diferentes edicións celebradas, o proxecto pretende continuar neste 2023 dando a  coñecer a riqueza natural e cultural dos diferentes municipios do xeodestino a través da organización de diferentes rutas guiadas a pé, visitas guiadas e visitas a obradoiros de artesanía da man de axentes e guías de turismo locais. A continuidade deste programa afianza a figura destes axentes e guías de turismo locais así como a calidade e diversidade de opcións de ecoturismo existentes na Mariña Lucense tamén fóra da tempada de verán.

O programa ofrece propostas diferenciadoras, diversas e singulares, presentándose como un escaparate ideal para gozar con maior intensidade dos recursos da Mariña Lucense, visitando o noso patrimonio da man de expertos anfitrións, guías locais e experimentados no territorio. Toma nota das próximas actividades:

 Sábado 25 novembro -  Obradoiro de coiro. Con Raíces Nómadas.

Domingo 26 novembro - Mondoñedo e o seu legado. Con Ana Pena, Guía tu día.

Domingo 26 novembro - Xeoruta do Perdouro - Con Fran Canosa.

Sábado 16 de decembro- Patrimonio natural e artístico de Lourenzá.Carmen Delia, La Guiateca

Pincha no seguinte enlace, para coñecer os detalles das visitas e fai xa a túa reserva. As prazas bulen!