Natureza e paisaxe
A Mariña Lucense é mar e terra, unha combinación perfecta que forma paisaxes únicos. Costa e interior, unha simbiosis singular que acolle un rico patrimonio natural por descubrir.
Fragas, fervenzas, rías, praias, cantís, ríos, montes, un sinfín de recursos naturais que gardan a esencia deste territorio.
Convidámoste a que percorras algunha das rutas de sendeirismo que transcorren por estes lugares de gran valor natural, descubre a súa fauna e flora autóctonas e pérdete nas numerosas paraxes que esconde o norte.
Espazos naturais diversos, zonas que forman parte de Reservas da Biosfera e lugares para os amantes da ornitoloxía, coñéceos todos!
Ver mapa interactivo