Festas e eventos

 

Na Mariña Lucense encántanos celebrar. Mostra disto son as numerosas festas que neste destino teñen lugar ó longo do ano con todo tipo de temáticas: relixiosas, gastronómicas ou culturais.

Exaltación de produtos locais como a Merluza do Pincho en Celeiro ou o Percebe en Rinlo; encontros de artesáns como a Feira de Artesanía e Antigüedades de A Pontenova ou o encontro de palilleiras en Cervo; festivais de música como o Resurrection Fest en Viveiro ou o Aturuxo de Bravos en Ourol; o Entroido; romerías como as de San Marcos en Trabada ou a de San Antonio da Rigueira en Xove  ou festas temáticas como a Normanda en Foz ou o Ribadeo Indiano.

Teñen tamén cabida nesta axenda, numerosas feiras, algunhas delas con anos de historia como As San Lucas en Mondoñedo.

Sempre hai unha excusa para pasalo ben na Mariña Lucense!

Situación Covid-19

Ante a situación derivada polo Covid-19, a información que se detalla sobre festas e eventos podería verse modificada. Para obter información actualizada, recomendámosche que visites as nosas redes sociais, onde habitualmente publicamos as celebracións mais destacadas, ou as do municipio do evento que che máis interese.