Turismo Slow Norte de Galicia

 
WEB

O Norte de Galicia é, sen dúbida, un lugar único. Unha terra amable, pouco masificada, cunha paisaxe incrible de grandes contrastes, conformado por praias e cantís, ríos e vales, pequenos bosques e antigas montañas. Un lugar que che ofrece a oportunidade de gozar, descansar e vivir novas experiencias, acompañado polos seus mellores anfitrións.

Estas cualidades, que dan forma a un destino con gran personalidade, motivaron que A Mariña Lucense integre xunto co territorio Ferrolterra-Rías Altas, a marca TURISMO SLOW NORTE DE GALICIA, que aglutina a personas e empresas que apostan polo desenvolvemento dun turismo sostible e responsable socialmente, anfitrións que estarán encantados de recibirte, facilitar a túa estancia e mellorar as túas vivencias no territorio.

Para conectar coa esencia da Mariña Lucense a través dunha auténtica experiencia slow, propoñémosche navegar pola páxina web de Turismo Slow Norte de Galicia e coñecer propostas para gozar o teu descanso, achegarte a lugares segredos e recunchos naturais, roteiros para perderte e opcións para gozar da súa gastronomía propia e das tradicións locais.