Turismo activo - deportivo

 

Na Mariña Lucense terás a oportunidade de realizar numerosas actividades de turismo activo da man de diferentes empresas ubicadas no destino e dos grandes profesionais que as organizan.

Poderás elixir entre una ampla gama de plans como os que a continuación propoñemos:

Surf: tanto se buscas iniciarte no mundo das olas como si queres perfeccionar a túa técnica, atoparás cursos adecuados ó teu nivel.

Vela: existe a posibilidade de iniciarse neste deporte con cursos enfocados tanto a adultos como a nenos.

Paddel surf: unha modalidade que gañou popularidade nos últimos tempos e que permite coñecer o noso litoral dunha forma divertida e diferente.

Kayak: realizar algunha das excursións dispoñibles, tanto pola zona de costa como polas rías e ríos.

Snorkel e buceo: sumerxirse nas cálidas augas de A Mariña Lucense e coñecer a flora e fauna acuáticas.

Rutas marítimas: viaxes organizadas con guía en embarcacións para descubrir os puntos máis destacados desta costa.

Barranquismo: coñece os ríos dun xeito diferente.

Rapel: para os máis aventureiros, no entorno montañoso de Viveiro, tamén poderán realizar esta actividade.

Equitación: existe a posibilidade de facer rutas a cabalo para todo tipo de públicos e cursos de equitación.

Parapente: descubre A Mariña a vista de paxaro e sinte por un momento que podes voar.

Ademáis: sendeirismo, espeleoloxía, paintball, orientación, rutas en quad, btt, tiro con arco, etc. Numerosas posibilidades para estar en contacto coa natureza, coñecer os recursos da zona e vivir experiencias incribles.

Actividades programadas:

A Mariña en Ruta:

Durante o outono tes a oportunidade de coñecer o territorio a través de A Mariña en Ruta, un programa de rutas guiadas a pé no que o entorno natural, a historia, a etnografía e a arqueoloxía dos diferentes concellos da Mariña Lucense son os protagonistas.

Carreiras, trails e turismo deportivo:

Na Mariña son moitas as probas deportivas que, organizadas por clubs, asociacións, colectivos e municipios, percorren o territorio polos seus enclaves naturais e destacados dunha forma saudable e sostible convocando por centos de corredores.