Carreiras, trails e turismo deportivo na Mariña, Galicia

 

O deporte é protagonista na Mariña Lucense durante todo o ano, xa que son moitas as probas deportivas que percorren o territorio polos seus enclaves naturais e destacados dunha forma saudable e sostible. Son también moitos os clubes, asociacións, colectivos e concellos que convocan ás súas probas a centos de corredores locais e tamén que se desprazan dende outras puntos de España para gozar destes eventos en plena natureza da Mariña.

Compartimos o calendario de eventos.

 

 Toxiza Gran Trail - Mondoñedo

No concello de Mondoñedo celébrase o Toxiza Gran Trail, unha proba deportiva que cada ano reúne a un gran número de participantes para redescubrir os camiños e a natureza mediante o deporte. En 2026, este evento terá lugar o día 22 de marzo. Conta con catro modalidades:

  • TRAIL 27K - 1600+
  • MINI TRAIL 19KM - 1000+
  • SPEED TRAIL  - 500+
  • CAMINATA 16KM - 750+

Facebook Toxiza

 Carreira Popular das praias - Barreiros

A Carreira Popular polas Praias de Barreiros naceu no ano 2013 grazas á iniciativa de dous veciños que quixeron unir deporte e natureza, consolidándose como un evento deportivo de referencia na Mariña lucense.

O domingo 03 de abril de 2026 celebrarase, a XII Carreira Popular das Praias, organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado con saída e chegada na praia de Coto. Este evento deportivo divídese en probas infantís, proba de adultos e unha andaina.

Esta proba conforma xunto a 4 máis, un interesante circuito de carreiras populares no municipio de Barreiros ao longo de todo o ano con datas xa confirmadas.

Información e inscricións: +KmsBarreiros

 CAMOVI - Viveiro

En Viveiro celebrarase o 18 e 19 de abril de 2026 a CAMOVI-Gran Premio Xacobeo (Carreira de Montaña e Montes de Viveiro – Trail Running). Actualmente, é unha proba de gran relevancia na Mariña Lucense que naceu a partir dun grupo de amigos que percorrían os montes que rodean o Val do Landro. Tras o gran interese e participación foi evolucionando e convertíndose nun evento consolidado e comprometido co territorio.

Esta proba conta habitualmente con 3 modalidades de 42km, 21km e 10km respectivamente. Ademais, tamén contamos coa andaina Ramón Blanco, Camovi Kids 3 Camovi Relevos 42km. 

Podes obter mais información a través da seguinte ligazón:

Web CAMOVI

 Xove Costa Trail - Xove

Este acontecemento deportivo nace coa finalidade de poñer en valor a costa de Xove como un gran recurso natural. Celebrarase o 1, 2 e 3 de maio de 2026convocando a centos de corredores para esta proba que conta de tres distancias, 37, 21 e 11km, unha andaina de 12 km e dúas probas adaptadas aos máis pequenor. Para máis información:

Web Xove Costa Trail

Trail do Vicedo

En 2026, terá lugar no Vicedo a quinta edición desta carreira de monte que se disputa pola zona costeira entre o Fuciño do Porco e a praia de Caolín. Programada para o 17 de maio, contará con diversas disciplinas: trail curto de 15Km, trail longo de 24Km e andaina de 15Km.

Info e inscricións

Trail ruta dos Muíños - Riotorto.

En 2026, organízase en Riotorto o cuarto Trail e Andaina Os Muíños. Unha proba que se celebra o 23 de maio e que inclúe un minitrail de 12 quilómetros e un trail de 21 quilómetros. Ademais dos dous percorridos competitivos, tamén inclúe unha camiñada de 13 quilómetros. Este ano a proba dá un salto de nivel ao incorporarse oficialmente ao calendario galego de trail running para 2026.

Web Ccnorte

  Heroican Race Ribadeo

O 28 de xuño de 2026 a Heroican Race volveu a Ribadeo, organizada polo Grupo BeOne e con a colaboración do Concello. Unha experiencia deportiva completa que combina resistencia, forza, técnica e traballo en equipo nun entorno natural como é Ribadeo e o seu entorno.

Inscricións

 5K Burela Bonita.

Tivo lugar o 11 de xullo de 2026 e consistiu nun orixinal circuíto urbano nocturno con saída e meta na Praza da Mariña. Presenta diversas modalidades, infantil (100 metros), benxamíns (650 metros), alevíns (1.200 metros), infantís e cadetes (1800 metros) e a carreira absoluta (xuvenís, séniores e veteranos) que percorre unha distancia de 5.000 metros. 

Información e inscricións.

 Carreira popular Maruxaina en San Cibrao - Cervo.

O sábado 18 de xullo de 2026 celebrouse unha nova edición desta carreira popular con saída no complexo deportivo da Veiga. A partir das 11.00 horas tiveron lugar as probas infantís con distancias entre os 200 metros e a milla. Ás 12.00 horas disputouse a carreira absoluta, cun percorrido de 5 quilómetros. A proba é puntuable para o circuíto Duacode RunFozRun 2026.

Información e inscricións.

  1/2 Km Vertical Comado - Barreiros.

O domingo 19 de xullo de 2026 celebrouse unha nova edición de o 1/2 Vertical Comado que forma parte do circuíto de probas MáisKmsBarreiros. Trátase dunha subida de 500m entre a praia de Arealonga e o Monte Comado, que nos ofrece unhas espectaculares vistas sobre o litoral.
A partir das 11.00 horas comezou a proba nas distintas categorías infantís. Ás 11.30 horas tomaron a saída os participantes de a 1/2 km vertical.

Web circuíto MáisKmsBarreiros

Trail Sargadelos - Cervo

Esta cita deportiva, que tivo lugar o 26 de xullo de 2026, celebrouse na contorna do Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, unha das pezas clave do patrimonio histórico-cultural da Mariña, que conta ademais cunha grande beleza paisaxística. Contou con diversas modalidades, desde a versión andaina ata o trail absoluto, pasando polas versións infantís e xuvenís.

Trail Sargadelos 2025

XVII Run Foz Run - Foz

Esta competición, que tivo lugar o domingo 2 de agosto de 2026, desenvolveuse por un circuíto mixto, cun percorrido de 7.000 metros, polas rúas de Foz e a zona do paseo da Ría, con saída e meta no Paseo da Ribeira, onde se atopa o CENIMA. Como é habitual, dispuxo dunha versión andaina, carreiras infantís e a carreira absoluta para persoas adultas.

Esta carreira conta coa súa versión invernal, a Run Foz Run Nadal, que se soe celebrar no mes de decembro.

XVII Run Foz Run

 VIII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo

O sábado 22 de agosto de 2025 celebrouse unha nova edición desta carreira nocturna de 9 quilómetros entre Rinlo e Ribadeo, organizada polo Club Atletismo Ribadeo. A cita, que contou coa participación de corredores locais e visitantes, tivo como padriño ao ultrafondista internacional Julio César Antolín Rey.

VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo

 Media Maratón Ribadeo-As Catedrais

Durante o mes de setembro, celébrase esta carreira popular que presenta un percorrido cómodo sen grandes desniveis, e o fermoso marco natural do litoral ribadense que ten como punto culminante a praia de As Catedrais e que neste 2025 celebrarase o 12 de setembro.

Media Maratón de Ribadeo-As Catedrais

 Valkiria Race - San Cosme de Barreiros

A Valkiria Race 2026 chega a Barreiros o día 26 de setembro, desafiando aos máis valentes nun evento único de forza, velocidade e resistencia. No impresionante Paseo San Bartolo, con vistas ao Atlántico, poderás escoller entre tres desafíos épicos: ODIN (10 km) para os máis resistentes, THOR (80 m NINJA) para quen busca adrenalina e precisión, e VALKIRIA KIDS, pensado para os guerreiros máis novos. As inscricións abriron o 1 de marzo e pechan o 19 de setembro. 

Valkiria Race inscripcións      Instagram evento

Carrera popular Val das fabas

Neste 2026, o 26 de setembro, terá lugar no Concello de Lourenzá, a Carreira popular Val das Fabas.

Inscricións 

 Trail Monte Comado - Barreiros

Neste 2026, o 11 de outubro, celebrarase a X edición deste trail xa consolidado en Barreiros. Esta proba deportiva forma parte do circuíto local MáisKmsBarreiros e na súa categoría absoluta conta con dúas distancias: 12K e 26K que, maioritariamente percorren os montes da localidade, culminando a meta no emblemático Monte Comado.

Circuito MáisKmsBarreiros.

 Ao son do Masma - Barreiros 

Última carreira do ano dentro do circuito MáisKmsBarreiros que en 2026 celebrarase o 8 de novembro e que está organizada polo Colectivo Cultural Ollomao. A carreira absoluta dará comezo ás 12:00 horas e percorrerá 5600 metros. Hai tamén propostas para diferentes cateogrías e unha Andaina con inicio ás 10:30 horas. O punto de encontro do evento é nas Esolas de Celeiro de Mariñaos. A información sobre este evento deportivo irase actualizando na web do devandito circuito.

MáisKmsBarreiros

......

Finalizadas 2025 e con datas pendentes de confirmar neste 2026:

 

IV Media maratón de montaña As Minas - A Pontenova

En 2025, o domingo 30 de marzo, a Asociación Cultural e Deportiva As Minas, organiza este evento que percorre a zona das antigas minas da Pontenova por camiños de terra e pistas, con saída na Praza dos Fornos ás 10:30h. Propón un percorrido de 18 km e unha andaina de 5 e 6 km.

Facebook ACD As Minas

Carrera popular Campo da Cabana - Foz.

Esta carreira popular urbana 5km Campo da Cabana, tivo lugar en Foz o 18 de maio de 2025, con salida e meta na Praza Rosalía de Castro do municipio de Foz. Presentou circuitos de 200m para "Pícaros" (nenos), 500m para Benxamíns, 1000 m Alevíns, 1800m Infantís, Cadetes e finalmente 5000m para a competición Absoluta. Puntuable para o Circuito Duacode-RunFozRun.

 III Trail A Fume de Carozo de San Cibrao.

O domingo 8 de xuño de 2025 celebrouse a terceira edición deste Trail de montaña que se disputou en San Ciprián, municipio de Cervo, e que constou de dous percorridos, de 25 e 16 quilómetros, respectivamente, e de unha andaina de 13 quilómetros.

Información e inscricións

 15K A Mariña Banco Mediolanum (Foz - Burela)

O 15 de xuño de 2025 tivo lugar a carreira de atletismo de 15 quilómetros con saída desde o Activivty Center de Burela e chegada ao Hotel Oca de Foz. En 2025 tamén houbo unha Andaina de 5 km desde o mismo punto de inicio en Burela.

Mediolanum

 Benquerencia Terra Mar - Barreiros

Esta peculiar carreira que combina praia e asfalto tivo lugar o 9 de agosto de 2025 no concello de Barreiros. Houbo versións infantís que comezaron ás 11:00h, mentres que a absoluta comezou ás 12:00h por algunhas das praias do concello.

MáisKmsBarreiros.

 III Sanci 5K popular - San Cibrao (Cervo)

O 30 de agosto de 2025 tivo lugar no núcleo de San Cibrao -municipio de Cervo- esta carreira que forma parte do TourMariña. 

  Milla de Lourenzá.

O 6 de setembro de 2025 celebrouse no Concello de Lourenzá, a VIII Milla Fin de Etapa Camiño Norte. Esta edición contou, paralelamente, coa celebración do XVI Campionato Xunta de Galicia de Milla e 1 km en ruta, todo isto sobre un circuito homologado.

Milla de Lourenzá 

II Carreira Vía Verde San Tirso - Trabada - A Pontenova.

O sábado 20 de setembro de 2025 ás 17:30h tivo lugar a segunda edición desta carreira que discorre pola senda verde do antigo ferrocarril mineiro cubrindo unha distancia de 12 quilómetros. Un tramo de gran beleza paisaxística á beira do río Eo. Recollida de dorsais ás 16:00h.

Web Ccnorte  

Carreira popular  Valadouro - Alfoz

Esta carreira, organizada polos municipios mariñáns de Alfoz e Valadouro, tivo a súa cuarta edición o 4 de outubro de 2025. 

TourMariña

Trail de Ribadeo - Ribadeo

O 5 de outubro de 2025 tivo lugar a primeira edición do Trail de Ribadeo, unha competición organizada polo Concello de Ribadeo  www.trailderibadeo.com

Cross Os Castros 

Esta carreira que en 2025 se celebrou o 15 de novembro en Cangas de Foz, consta de 5 circuitos con saída e meta  no Campo de Fútbol de Cangas de Foz. O de maior distancia é de 5,3 quilómetros, correspondente á modalidade absoluta, e o de menor de 200 metros, da categoría sub 8.

Circuito 2025

 Marcha BTT AD Augas Santas - Barreiros

O sábado 15 de novembro de 2025 o concello de Barreiros acolleu a IV Marcha BTT AD Augas Santas. Unha marcha non competitiva de 34Km de distancia que transcorreu polos montes do muncipio e lugares emblemáticos como os miradoiros Penabor e Comado, así como as inmediacións da fraga de Santo Estevo do Ermo.

Marcha BTT AD Augas Santas 2025

Mondoñedo Monumental

O 29 de novembro de 2025 celebrouse esta carreira popular que ten na Praza da Catedral de Mondoñedo o seu punto de encontro e cuxo itinerario discorre integramente pola zona urbana da cidade. Propón cinco categorías: Cativos, Sub-10, Sub-12, Sub -16/14 e a Carreira Absoluta de 5,4 km de percorrido e soe ter lugar ás 18:30 horas.

Tourmariña

 Ciclocrós Concello de Viveiro

O sábado 20 de decembro ás 11h tivo lugar a celebración da Ciclocrós Concello de Viveiro, proba oficial puntuable para a Copa Galicia. No evento soamente puideron participar ciclistas federados. As modalidades serán sub-23, máster 60, 50, 40 e 30, júnior, infantil, elite UCI, elite e cadete.

Federación Galega de Ciclismo

 Crono Escalada de Monte Castelo (Viveiro)

Crono Escalada de Monte Castelo celebrouse o 21 de decembro de 2025 no municipio de Viveiro e consistiu nunha proba contrarreloxo individual que se poderá disputar en bicicleta e tamén correndo. Os ciclistas deberon completar un circuíto de 6,5 kmy os corredores un circuíto de 3 km. Paralelamente, tivo lugar unha camiñada de 10 km.

Información e inscricións: CCNorte

  Run Foz Run Nadal

O 22 de decembro de 2025 tivo lugar a carreira máis divertida do circuíto Duacode - Run Foz Run. Con saída e meta na Praza Rosalía de Castro, Foz. “Campo dá Cabana”. Houbo versións infantís e, posteriormete tivo lugar a competición absoluta cunha distancia de 5000 m.

Circuito Duacode - Run Foz Run

 San Silvestre San Cibrao (Cervo)

O 31 de decembro de 2025, a partir das 12h do mediodía, celebrouse a I San Silvestre San Cibrao cunha proba absoluta de 5km e outras tres infantís de 1800m, 850m e 200m. 

Información (Instagram): afumedecarozosanci. Inscrición gratuita aquí

 San Silvestre Ribadeo

O 31 de decembro de 2025 pola tarde tivo lugar a xa tradicional San Silvestre Ribadeo, na súa edición número XXXV, con modalidades infantís e absoluta.

San Silvestre Ribadeo. Inscricións en CCNorte

 San Silvestre O Vicedo

O 31 de diciembre de 2025 pola tarde celebrouse a I San Silvestre O Vicedo con 3 categorías: nenos (500m), andaina  (2,5km) e adultos (5km). Máis información: Carrerasconencanto

 Carreira solidaria de Reis (Barreiros)

Para comezar o ano con espírito deportivo e solidario o 4 de xaneiro de 2025 a partir das 10:30h tivo lugar en Barreiros a xa tradicional Carreira de Reis dentro do circuíto anual +KmsBarreiros. Con saída desde San Cosme, en diversas modalidades: andaina (8 ou 13km), versións infantís (entre 100 e 2.250m), modalidade absoluta (8000m) e mesmo a opción de inscribirse con dorsal 0 realizando só un donativo. Esta edición a recadación das inscricións foi destinada á asociación "Somos unidos por el Cáncer" (Lugo).

Información e inscricións: +KmsBarreiros

Con este post, dende Turismo da Mariña Lucense, gustaríanos agradecer e felicitar aos clubes, asociacións, colectivos e concellos que fan posible que este destino conte cun calendario tan rico de carreiras deportivas. ¡Unha aposta polo futuro sustentable do territorio e pola saúde e calidade de vida da poboación local e de quen nos visita!