Onde durmir
A Mariña Lucense ten infinidade de alternativas entre as cales elixir á hora de planificar a túa estancia
Entre a ampla variedade de aloxamentos sempre se atopará a opción que mellor se adapte a cada viaxeiro: hoteis, hostais, pensións, albergues, casas de turismo rural, apartamentos turísticos, campings, etc.
Estes lugares proporcionarán o descanso que buscas, enriquecendo a túa estancia cun trato persoalizado e múltiples actividades que aportan valor engadido na túa viaxe.
Aloxamentos Turismo Slow Norte de Galicia
Abre a porta a unha nova forma de viaxar! A Mariña Lucense intégrase na Rede de Aloxamentos Turismo Slow Norte de Galicia cuxos anfitrións buscan a sostibilidade a través do seu compromiso co medioambiente -implicados no uso de produtos locais Km0 e na redución do seu impacto no territorio- e compromiso coa sociedade -sendo moi conscientes da importancia da conservación da riqueza patrimonial do destino e as súas formas de vida tradicionais-.
Aloxamentos Turismo Slow Norte de Galicia
Calidade Turística na Mariña
Coa calidade no servizo como mantra, os nosos aloxamentos farán que te sintas como na casa aínda estando lonxe dela. Co distintivo SICTED Compromiso de Calidade Turística eo coa Q de Calidade , recoñécese o seu esforzo e compromiso pola mellora continua dos aloxamentos en España.
Aloxamentos distinguidos SICTED
Buscador de Aloxamentos Turísticos
Para elexir o establecimento que mellor se adapte a ti, recomendámosche que visites a web de Turismo de Galicia e realices a túa busca filtrando por xeodestino e seleccionando "Mariña Lucense".