Situación

 

A comarca da  Mariña Lucense está situada ó norte da provincia de Lugo e formada por 16 concellos que ocupan unha superficie de 1.660 km2. En canto ós seus límites, ó norte está delimitada polo Mar Cantábrico e ó sur polas serras de O Xistral, Pousadoiro e Lourenzá. Polo este é o río Eo o que sirve de límite natural con Asturias, mentres que polo oeste faino o río Sor, que a separa da provincia de A Coruña.

A continuación detallamos as principais vías de acceso a este destino. 

Estrada

O transporte por estrada é o máis utilizado á hora de moverse por este territorio. O eixo principal de acceso é a N-634 que, dende a A-6, chega a Vilalba, Mondoñedo e Lourenzá ata a costa de Barreiros e a través da cal, se pode seguir ata o este, alcanzando Ribadeo.

Por outra parte, a N-640 permite acceder dende a capital da provincia ata Ribadeo. En lugar de tomar a estrada nacional, tamén se pode optar pola A-8 con saídas en Lourenzá, Mondoñedo, Foz-Barreiros e Ribadeo. Se o que se pretende é chegar á parte occidental da comarca, dende a A-8 ó seu paso por Vilalba, pódese tomar a AG-64 que acaba en Ferrol e desviarse pola carretera comarcal LU-540 que conduce a Viveiro. A A-8 dará acceso tamén dende a parte oriental para viaxeiros que chegan dende Asturias, Cantabria ou País Vasco.

Faremos ademáis mención á N-642 que vai dende Ribadeo ó cruce a San Cibrao, en Cervo pola líña de costa e que se une coa LU-862 dende este punto, continuando ata O  Vicedo, municipio que limita coa provincia da Coruña.

Autobús

Existen diferentes compañías que operan na comarca e a conecta coas principais ciudades galegas tales como Lugo, A Coruña ou Ferrol. Ademáis, ofrecen servizo regular entre os diferentes municipios que forman este destino. En Mondoñedo, Ribade e Viveiro existe estación de autobuses, nelas pódese consultar información sobre as liñas e horarios existentes.

Tren

Non podemos deixar de falar deste medio xa que, aínda que non se poda dicir que sexa o máis rápido para chegar á Mariña Lucense, si é unha fórmula válida para recorrela de forma tranquila. O FEVE, ferrocarril de vía estreita, atravesa a comarca pola costa ó largo do Cantábrico e ofrece unhas vistas incribles de todo o litoral. É unha opción a ter en conta para viaxar entre municipios costeiros, sen presas nin preocupacións.

Para aqueles que opten polo luxo, o Transcantábrico percorre o norte de España incluindo unha etapa pola Mariña. Durante a mesma, os viaxeiros visitan Ribadeo, aceden á praia das Catedrais e finalizan o percorrido en Viveiro, con visita guiada.

Aeroportos

Os aeroportos máis achegados son os de A Coruña e Santiago, dentro da comunidade autónoma. Na comunidade veciña de Asturias, atopamos o aerporto de Avilés, moi próximo á nosa comarca e opción a ter en conta á hora de utilizar este medio de transporte.

No mapa ubicamos os municipios que forman este destino turístico para que podas planificar a túa ruta en función das túas preferencias.