Patrimonio cultural
Ao longo dos séculos, as xentes da Mariña Lucense foron creando unha ampla variedade de valiosos elementos culturais e etnográficos e tamén nos deixaron varios monumentos históricos. Na actualidade conforman un patrimonio cultural moi rico que herdamos das xeracións do pasado e que temos a obriga de conservalas no presente co fin de preservalas para as xeracións futuras.
Xacementos arqueolóxicos megalíticos e castrexos, fortalezas medievais e castelos, igrexas e templos de diversos estilos arquitectónicos, cascos históricos de vilas, muiños, hórreos, eiras, cetarias e outros elementos da arquitectura popular, tradicións e festas, oficios e técnicas artesanais... son un variado legado, diverso e singular, que está agardando para que gocemos de el.