Patrimonio cultural

 

Ao longo dos séculos, as xentes da Mariña Lucense foron creando unha ampla variedade de valiosos elementos culturais e etnográficos e tamén nos deixaron varios monumentos históricos. Na actualidade conforman un patrimonio cultural moi rico que herdamos das xeracións do pasado e que temos a obriga de conservalas no presente co fin de preservalas para as xeracións futuras.

Xacementos arqueolóxicos megalíticos e castrexos, fortalezas medievais e castelos, igrexas e templos de diversos estilos arquitectónicos, cascos históricos de vilas, muiños, hórreos, eiras, cetarias e outros elementos da arquitectura popular,  tradicións e festas, oficios e técnicas artesanais... son un variado legado, diverso e singular, que está agardando para que gocemos de el.

Recorda:

Viaxar transfórmanos: conéctanos con novas paisaxes, culturas e formas de vida. Pero tamén nos lembra que cada paso que damos deixa unha pegada. Por iso te convidamos a descargar a Guía do Turista Responsable, para vivir A Mariña Lucense dunha maneira auténtica, coidando os lugares que te acollen e deixando atrás un impacto positivo. Moitas grazas pola túa colaboración!

Ver lista

Explora o patrimonio da Mariña Lucense