Xeoturismo

 

As formas da costa son un testemuño da evolución do relevo. A fermosa costa galega é o resultado da interaccion de varios factores, como o substrato xeolóxico, a exposición aos ventos, a forza das ondas ou a influencia das mareas.

A costa rochosa, ten na Mariña Lucense a súa máxima e magnífica expresión, a Praia das Catedrais, con arcos e furnas consecuencia dos embates das ondas do mar e do vento.

Na costa cantábrica predominan as cuarcitas, xistos e lousas que son rochas de período Paleozoico, hai uns 400 millóns de anos, sometidas a metamorfismo que presentan grandes pregaduras e encabalgamentos. As diferentes durezas que presentan estes materiais fan que unhas zonas se erosionen con maior facilidade que outras. O granito ou as cuarcitas, por exemplo, son rochas moito máis duras que as lousas. A erosión destes substratos, o transporte e o depósito dos sedimentos, tanto orgánicos como inorgánicos, deron lugar ás diferentes formas que hoxe se atopan na nosa costa.

Distintos concellos da Mariña, como Barreiros, Burela, O Vicedo ou Ribadeo, promoven rutas xeológicas para descubrir esas belezas naturais que poden ter millóns de anos. Aínda que algunhas delas se poden realizar de forma autoguiada, también se organizan rutas guiadas de forma amena e didáctica por expertos en xelogía de Galicia.

Máis información e propostas:

Mareas Vivas nas Caterais

Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo

Complexo histórico e recreativo das Minas Consuelo e Boulloso - Tirolina das minas

Xeorutas de Burela