A Mariña. Plans con corazón. Edición 2025
16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos da Mariña
"A Mariña. Plans con corazón" convídate a coñecer o noso destino durante os meses de setembro e outubro, a través dun programa de 16 rutas a pé e visitas guiadas. Este proxecto, promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, ten como protagonistas ao entorno natural, a historia, a etnografía, a gastronomía e a artesanía dos 16 concellos que conforman A Mariña.
Unha oportunidade excelente para coñecer A Mariña da man de guías locais e experimentados e anfitrións do territorio, que aportarán miradas novas sobre a paisaxe cultural e natural e nos descubrirán rincóns e historias mariñáns..
En esta edición de 2025, as actividades terán lugar fundamentalmente venres, sábados e domingos (puntualmente algún outro día entre semana). Do 5 de setembro ata o 12 de outubro poderemos camiñar por rutas de sendeirismo que nos adentrarán polas fragas e zonas costeras da Mariña, coñecer tradicións e produtos locais, achegarnos á artesanía e á gastronomía e visitar monumentos e vilas históricas descubrindo os seus moitos segredos.
Fai clic na imaxe para acceder a RESERVAS e consulta máis abaixo toda a oferta de actividades
A Mariña - 16 Plans con corazón
