A Mariña. Plans con corazón.

 

16 rutas e visitas guiadas polos 16 concellos da Mariña

A Mariña. Plans con corazón convídate a descubrir o noso destino durante as fins de semana e festivos, do 26 de setembro ao 14 de novembro, a través dun programa de 16 rutas a pé e visitas guiadas, unha por cada un dos concellos que conforman A Mariña Lucense.

Promovido pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, co apoio da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo, o programa pon en valor a diversidade do noso territorio a través da súa natureza, historia, patrimonio, etnografía, gastronomía e artesanía.

 

Unha oportunidade para descubrir A Mariña desde novas perspectivas, da man de guías locais con experiencia e de anfitrións do territorio que compartirán os seus coñecementos, historias e proxectos. Persoas que nos axudarán a interpretar a nosa paisaxe natural e cultural e a descubrir recunchos, tradicións e experiencias que forman parte da nosa identidade.

Nesta edición de 2026 poderemos adentrarnos nos bosques e paisaxes costeiras da Mariña, percorrer os seus camiños e sendeiros, coñecer tradicións e produtos locais, achegarnos á artesanía e á gastronomía, e visitar monumentos e vilas históricas para descubrir algúns dos seus segredos.

Este outono contas con 16 motivos para descubrir A Mariña. Escolle a túa experiencia, reserva a túa praza e déixate sorprender por un territorio que sempre ten algo novo que contar.

E se estás pensando nunha escapada de fin de semana, podes completar o plan nalgún dos establecementos distinguidos polo SICTED ou pertencentes á rede Turismo Slow Norte de Galicia e, por suposto, saborear a gastronomía de outono, cando os produtos e sabores da nosa terra cobran un protagonismo especial.

Preme na imaxe de abaixo para acceder directamente ás reservas ou continúa navegando por esta páxina para atopar máis información!

 

Decálogo de boas prácticas

A Mariña - 16 Plans con corazón

Ver lista

Mapa das diferentes rutas e visitas