Calidade Turística
No ano 2023, a Mancomunidade de Municipios de A Mariña Lucense iniciou o proceso de adhesión e implantación do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) en A Mariña, co obxectivo principal de sumar esforzos de diferentes axentes e empresas do noso sector turístico para traballar conxuntamente pola calidade e a mellora do destino.
O Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) depende da Secretaría de Estado de Turismo e supón a implantación dun sistema de boas prácticas baseado en Manuais específicos para os diferentes sectores vinculados á actividade turística.
Este sistema pretende coa súa implementación aportar ferramentas de xestión útiles nos negocios para mellorar a calidade dos seus servizos e atender adecuadamente as necesidades dun cliente cada vez máis esixente; mellorar a coordinación e a conciencia de destino; sensibilizar sobre a importancia da mellora continua; aportar valor aos esforzos das empresas que traballan para mellorar en calidade, e introducir a variable ambiental e social na xestión. Coa súa incorporación cúmprese un obxectivo asumido no marco do Plan de Sostibilidade Turística en A Mariña Lucense, cofinanciado pola propia Mancomunidade coa colaboración da Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, adherindo no seu primeiro ano, a 29 servizos turísticos e que continúa en 2024 para sumar oficios.
En A Mariña temos xa representantes distinguidos nos seguintes oficios:
Albergues; Aloxamentos rurais; Campings; Hoteis e Apartamentos; Bares e cafeterías; Guías Turísticos; Museos e centros de interese turístico visitables; Oficinas de información turística, e temos como obxectivo seguir crecendo a través da incorporación de novas empresas dos oficios iniciados e tamén de axentes vinculados a novas categorías como Artesáns, Turismo Activo, Empresas de aluguer de vehículos e Taxis Turísticos.
Para máis información, ou para sumar a participación da súa empresa no proxecto, contacte con: 659 293 663 ou no correo info.turismo@amarinalucense.gal.
Búsquenos a través dos seguintes hashtags: #SICTEDAMariña #CalidadenAMariña #AMariñaTurismoCalidad #SICTED