Servizos certificados con "Q" de Calidade e "S" de Sostibilidade (ICTES)
A "Q" de Calidade Turística e a "S" de Sostibilidade son distintivos outorgados polo "Instituto para a Calidad Turística Española y la Sostenibilidad" (ICTES) que se utilizan no sector turístico español para certificar a calidade e o compromiso coa sostibilidade de empresas, recursos e servizos turísticos.
Na Mariña Lucense en 2025 ostentan a Q de Calidade:
- Servizos de Restauración: A Mirandilla (Rinlo), Restaurante El Oviedo (Ribadeo)
- Hoteles e apartamentos turísticos: Hotel A Ladela (O Vicedo) Hotel Rías Altas (Barreiros) Hotel Urban (Viveiro) Hotel Vila do Val ( O Valadouro) Malates Slow Boutique Hotel (Foz), Finca Goleta (Foz), Parador (Ribadeo), Hotel Casona de Lazurtegui (Ribadeo), Hotel Ego (Viveiro) e Hotel O Cabazo (Ribadeo)
- Portos deportivos: Real Club Náutico (Ribadeo)
- Praias: Praia de Area-Faro (Viveiro)
- Turismo activo: Hola Ola! (Ribadeo)
En canto á S de Sostibilidade, as empresas certificadas en 2025 na Mariña son:
- Hotel Ego (Viveiro), Hotel Rías Altas (Barreiros) e Malates Slow Boutique Hotel (Foz).
- Real Club Náutico de Ribadeo.
- Restaurante El Oviedo (Ribadeo).
Máis información sobre estas acreditaciones en www.calidadturistica.es