Reservas da Biosfera
As Reservas da Biosfera son espazos naturais de ámbito internacional cuxo obxectivo é harmonizar a conservación da Diversidade Biolóxica e Cultural co desenvolvemento económico e social a través da relación das persoas coa natureza. A figura de Reserva da Biosfera xorde ao abeiro do Programa Home & Biosfera (Programa M&B) da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO).
As Reservas da Biosfera inclúen espazos terrestres e mariños nos que se promoven tanto actividades de conservación da biodiversidade, a xeodiversidade e o patrimonio natural, como outras destinadas ao desenvolvemento social e económico da poboación local acordes cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. Así como o intercambio de coñecementos entre as distintas Reservas da Biosfera do planeta.
España ten un total de 48 Reservas da Biosfera declaradas, seis delas en Galicia e das cales dúas se extenden por varios concellos da Mariña Lucense.