AMODO. Conversas arredor da gastronomía na Mariña

 

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense organizou, entre os días 1 e 3 de decembro de 2024, AMODO: Conversas arredor da gastronomía na Mariña, un evento que reuniu a destacados profesionais e medios de comunicación especializados. Amodo nace do Plan Director de Turismo Gastronómico da Mariña no contexto do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña. Estas xornadas buscan abrir un espazo de encontro e reflexión sobre realidade gastronómica do destino e consolidar a gastronomía como un eixo central da súa marca-territorio. 

Un programa diverso e con xornadas abertas ao público

O luns 2 de decembro foi o día principal, con conferencias abertas ao público, que tiveron lugar no Auditorio da Fábrica de Sargadelos, en Cervo.

Entre as 9:00 ata as 17:30 horas, desenvolveronse conferencias e unha mesa redonda que abordaron temas como:

  • Sesión I de Conferencias: A influencia da gastronomía na imaxe dos destinos turísticos. ACCEDE AQUÍ 
  • Mesa redonda: A gastronomía desde unha perspectiva cultural. ACCEDE AQUÍ
  • Sesión II de Conferencias: Presentación de proxectos gastronómicos afíns. ACCEDE AQUÍ 

Nestas sesións participaron persoas destacadas no ámbito gastronómico e turístico como David Mora, Pep Palau, Lucía Freitas (1 estrela Michelin), María Solivellas (1 estrela verde Michelin),Yanet Acosta, Claudia Polo, Rosa Molinero, Lluis Nel Estrada ou Pepe Ferrer.

A actividade continuou para os relatores e periodistas convidados con visitas e a entrega do I Premio Merlín na Casa Museo de Álvaro Cunquero, que recoñeceu a un proxecto gastronómico destacado.

Press-trip para a promoción do territorio

Durante os tres días de duración do evento, organizouse un press-trip no que profesionais da gastronomía e periodistas especializados, galegos e estatais, coñeceron de primeira man os atractivos da Mariña Lucense e a diversidade de produtos e proxectos que conforman o seu ecosistema gastronómico.

Amodo contou con representantes de medios como: El País, La Vanguardia, ABC, El Periódico, Eldiario.es, Canal Sur Radio, Hule y Mantel o 7 Caníbales.

PROGRAMA