Despide o verán na Mariña - Obradoiros e Plans con corazón 2025

 
WEB

A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, presentou a segunda edición dos programas turísticos: "Obradoiros con Corazón" e "Plans con Corazón".  Estas iniciativas, deseñadas para ofrecer experiencias inmersivas e únicas, permiten aos visitantes descubrir a riqueza cultural, natural, gastronómica e artesanal do destino.

Cando o verán se vai despedindo e o outono comeza a tinguir a paisaxe de cores cálidas, A Mariña convértese no destino perfecto. Por iso, creamos propostas auténticas e singulares para mergullarte no noso territorio e que o percorras con mirada curiosa. 

Entre o 25 e o 30 de agosto, o programa Obradoiros con corazón ofréceche experiencias inmersivas para conectar en primeira persoa co mundo da artesanía. Esta segunda edición inclúe propostas diferentes en 9 obradoiros artesanais da Mariña situados en Mondoñedo, Ribadeo, Trabada, Ourol e Viveiro.

Ademais, durante o mes de setembro e ata o 12 de outubro, o programa Plans con corazón convídate a gozar dun programa de 16 roteiros e visitas guiadas nos que a historia, a contorna natural, a arqueoloxía, a etnografía ou a gastronomía dos 16 municipios que conforman A Mariña son protagonistas.

Se estás a  planificar a túa viaxe, A Mariña conta cunha gran variedade de aloxamentos para todos os gustos e con establecementos comprometidos coa sostibilidade e a calidade. Máis información en: https://amarinalucense.gal/gl/onde-durmir