Visitas guiadas na Mariña - Semana Santa 2026
Cando viaxamos, queremos aproveitar o tempo da mellor forma posible e non perdernos nada. Participar nunha visita guiada é unha experiencia enriquecedora que che permitirá mergullarte na historia, cultura, natureza, arte, gastronomía e un longo etcétera.... Todo iso de forma dinámica, divertida e sen preocuparte de nada!
Toma o teu tempo e empápate da Mariña!
Burela: nesta vila mariñeira poderás subir a bordo do Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, un antigo barco bonitero de madeira onde coñecer como se desenvolvía a vida a bordo, as súas instalacións, artes de pesca tradicionais e mesmo poñerte a mans do seu temón sen moverte do peirao. Así mesmo, tamén poderás complementar a túa visita á localidade participando nalgunha das súas Xeorutas programadas para esta Semana Santa.
- Barco Museo Boniteiro: aberto de martes 31 a sábado 4 de abril con visitas guiadas ás 11.00h, 12.00h, 13.00h, 17.00 e 18.00h.
- Xeoruta do Perdouro: Venres 3 de abril de 10.30h a 13.30h. Salida desde la oficina de turismo.
- Xeoruta da Marosa: Sábado 4 de abril de 10.30h a 13.30h. Salida desde la oficina de turismo.
- Vila do medio: Visita guiada á Igrexa da Vila do Medio. Sábado 4 de abril de 16:30h ás 18:00h.
- Visita ao molde do faro: Coñece a historia do faro de Burela desde o interior do seu molde nunha visita guiada. Venres 3 de abril de 16.30 a 17:00
Información e reservas para as georutas, Vila do Medio e Molde do faro: Oficina de Turismo de Burela | Tel.: 982 888 506 | Burela Turismo. Aberta do 31 de marzo ao 4 de abril de 09:30h a 14:00h e de 16:00h a 18:30.
Inscricións Barco Museo Bonitero: https://reservasbarcoboniteiro.burela.org/
Foz: Neste municipio da Mariña sitúase a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, considerada a catedral máis antiga de España. O seu estilo arquitectónico é pouco habitual no noroeste peninsular: románico lombardo-catalán. Nela atopamos elementos arquitectónicos de os séculos X, XI e XII. Conta, ademais, cun Centro de interpretación situado na antiga casa reitoral. En 2007 foille concedida a categoría de Basílica e o máis rechamante da súa historia é que no século IX foi sede episcopal dobre (bispados dumiense e britoniense).
- Visitas guiadas: de martes a sábado ás 10:45, 13:15 e 19:15. Domingo ás 10:45 e 13:15. Inscrición previa. Se a visita coincidise con algún culto, se cambiará a visita para outro horario (aviso previo).
Información e reservas: Basílica de San Martiño de Mondoñedo | Tel.: 698 183 223
Mondoñedo: Mondoñedo foi capital dunha do antigas sete provincias do antigo Reino de Galicia e é sede episcopal desde o s. XII cando tamén adquire o título de cidade. Declarada Conxunto Histórico-artístico, conta cun casco antigo onde destaca a Catedral co seu enorme rosetón central, as pinturas murais de distintas épocas ou os dous órganos xemelgos. O seu Museo Catedralicio e Diocesano de Arte Sacra é un dos máis importantes de Galicia.
Ademais, entre os múltiples encantos que ofrece este municipio suxerímosche unha visita guiada á Cova do Rei Cintolo: a gran marabilla natural de Mondoñedo e a cova máis grande de Galicia.
- Catedral - horario especial de Semana Santa:
- Domingo de Ramos (29/03/26): 13:00h-18:30h
- Luns (30/03/26): 10:30h-15:00h
- Martes (31/03/26): 10:30h-15:00h
- Mércores (01/04/26): 10:00h-14:30 / 15:30h-18:30h
- Xoves Santo (02/04/26): 10:00h - 15:00h
- Venres Santo (03/04/26): CERRADO
- Sábado Santo (04/04/26): 10:00h - 14.30h / 15:30h-18:30h
- Domingo de Resurrección (20/04/25): 13:00h-18:30h
- Luns de Pascua: 10:00h-15:00h
- Catedral - visitas guiadas:
- A visita faríase con audioguía de forma xeral. As visitas guiadas ao rosetón empezarán a partir do mes de maio, antes só se aceptan reservas para grupos (+15 personas), dependendo da dispoñibilidade e os horarios.
- Consulta aquí itinerarios, horarios e reservas.
- Tel.: 673 568 709 | Correo e.: cmondonedo@artisplendore.com
Cova do Rei Cintolo - horario especial de Semana Santa:
- Visita á Galería Central
- Desde o venres 27 ata o domingo 5 de abril de 2026. Marzo en horario de 11:00h, 16:00h e 18:30h.
- Con reserva previa.
- Apto para maiores de 11 años (incluídos).
- Prezo: 20€ por persona.
- Visita Baixada do Río
- Baixo demanda. Calquera día da semana de mañá e tarde.
- Apto para maiores de 18 anos.
- Boa condición física. Dificultade: Media-alta.
- Horarios de visita, de forma xeral: 10:00h e 16:00h.
- Prezo: 40€ por persoa.
Cova do Rei Cintolo: Consulta aquí modalidades de visita, horarios y reservas. | Oficina de Turismo de Mondoñedo | Tel.: 982 507 177
A Pontenova: A actividade mineira no concello da Pontenova, durante a primeira metade do século XX deixou unha profunda pegada. Desde antigas minas de extracción (hoxe naturalizadas), os fornos de calcinación -icona patrimonial do municipio-, ou o antigo percorrido do tren mineiro hoxe reconvertido en Vía Verde. Todo este patrimonio industrial hoxe en día está posto en valor a través de distintas propostas de turismo activo que, ademais, contribúen á conservación deste valioso legado.
Horarios especiais Semana Santa 2026: Aberto do sábado 28 de marzo ao domingo 5 de abril:
- Experiencia dos Fornos (para toda a familia): 10:30h.
- Experiencia dos Fornos Plus (con baixada ao nivel -1 da mina): 11:30h. Turnos extras polas tardes: consultar horarios.
Información e reservas Tirolesa das Minas: Tel.: 633 248 835. Tirolesa dás Minas
Oficina de Turismo da Pontenova: Tel.: 982 342 101 | Turismo A Pontenova
Ribadeo: Entre as rúas desta vila histórica destacan dúas zonas ben diferenciadas: o seu casco antigo -declarado Ben de Interese Cultural- e o seu barrio indiano -cuxas cosmopolitas construcións foron levantadas por emigrantes hacendados recentemente retornados de Hispanoamérica-. Tanto a unha zona como a outra existen visitas guiadas especialmente deseñadas por Ribadeo Turismo para esta semana Santa:
- Xoves (02/04/2026): Ribadeo Indiano 11:30 h.
- Sábado (04/04/2025). Ribadeo Ilustrado 11:30 h
Información e reservas: web Turismo Ribadeo | Oficina de Turismo de Ribadeo | Tel.: 982 128 689
Viveiro: Ciudad de orixe medieval, conta con valiosas mostras tanto de arquitectura civil como relixiosa que conforman un patrimonio rico e variado: os restos da muralla, as rúas gremiais, casas con balconadas e galerías acristaladas, ou a Praza de Santa María del Campo declarada Conxunto Histórico-Artístico...son só un pequeno exemplo do que garda a vila cuxa Semana Santa está declarada Festa de Interese Turístico Internacional.
Non te perdas o programa de visitas guiadas para esta Semana Santa 2026 organizado polo Centro Comercial Histórico de Viveiro e en colaboración coa Xunta de Confrarías da Semana Santa. Grupos de 50 persoas por orde de chegada. Saída desde a Praza Maior.
- Luns, Martes e Mércores Santo: 18.00h
- Xoves Santo: 12.00h
- Venres Santo: 13.00h
- Sábado de Gloria: 17.30h
- Domingo de Resurrección: 13:00h
Más información: Oficina de Turismo de Viveiro. Tel.: 982 56 08 79 | Correo: turismo@viveiro.gal | Web Semana Santa Viveiro.
Oferta privada de actividades guiadas:
Escapalandia - Carmen Delia (mércores 01 a domingo 05 de abril de 2026)
- Visita guiada ao Ribadeo histórico con especial atención á historia dos dous conventos da vila, Santa Clara e San Francisco, así como á historia das igrexas e capelas da localidade. Consultar grupos e horarios. 15 € / persoa para maiores de 12 anos.
- Visita guiada Mondoñedo histórico con especial atención ao ritual tradicional de Semana Santa na catedral. Consultar grupos e horarios. 15 € /persoa para maiores de 12 anos.
Información y reservas: www.escapalandia.com | escapalandia@gmail.com
