Como gozar do turismo slow na Mariña Lucense

 

Cada vez son máis os viaxeiros que queren vivir o turismo dende unha filosofía na que as présas, a masificación, o ruído e a tensión non teñen cabida. Desexan viaxar amodo, saborear as experiencias, respirar cada segundo, sentir cada recuncho. Fundirse, en suma, co lugar, coa súa xente e coa súa contorna da maneira máis relaxada. 

 

A Mariña Lucense é o destino idóneo para gozar do turismo slow, esta forma de viaxar cada vez máis popular, pois ofrece lugares pouco frecuentados e cheos de historia diseminados entre enclaves naturais únicos. Praias, montes, vales, vilas históricas, rutas e gastronomía son algúns dos ingredientes que che permitirán  gozar  pausadamente e con todos os sentidos nesta zona do norte de Lugo.

Desfruta de bonitos acantilados e praias infinitas

Case cen quilómetros de litoral percorren A Mariña Lucense, deixando paisaxes impresionantes ao longo da súa costa bañada polo Cantábrico.

Rías, cabos, illas e cantís conforman espazos singulares como Punta Roncadoira (Xove), Punta Atalaia (San Cibrao), Illa Pancha (Ribadeo) e moitos outros con espectaculares vistas para gozar desta paisaxe única.

Praias de area fina bordean toda A Mariña, o lugar ideal para gozar do mar con paseos polos areais ou polos bonitos paseos marítimos que as percorren. Non esquezamos tamén o monumento natural que constitúe en si mesma a praia de As Catedrais (Ribadeo), considerada unha das máis bonitas do mundo e que pode percorrerse sen présas fóra da tempada alta.

Coñece o seu sinal de identidade: a pesca

Descubre a gran tradición pesqueira desta zona do norte de Galicia. A pesca artesanal e o produto de primeira calidade que se recolle nestas augas, forman parte do patrimonio único do lugar. Aproxímate ás lonxas de Burela e Celeiro, dúas das lonxas máis importantes de España.

Observa e participa en obradoiros artesanais

Cerámica, olería, carpintería, ferrería… a actividade artesanal protagoniza os obradoiros centenarios da Mariña. Poderás visitar moitos deles a través de rutas programadas, que che permitirán asistir ao proceso de produción e incluso poderás participar de forma activa na elaboración das pezas.

Patrimonio cultural

Pasea por Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro e goza dos seus centros históricos, declarados de interese cultural histórico-artístico. Pérdete polas súas rúas cheas de historia, que poderás comprender a través das audioguías ficcionadas que te transportarán a outra época.

Asentamentos prerromanos, fortalezas medievais, construcións industriais e numerosos templos, entre os que destacan a Basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz), a Catedral de Mondoñedo ou o Mosteiro de San Salvador (Lourenzá), forman tamén parte do gran patrimonio arquitectónico da Mariña.

Rodéate de paisaxes dos teus soños para desfrutar da natureza

Esta área do norte de Lugo é natureza en estado puro. Aquí atópanse as Reservas da Biosfera do río Eo e Terras do Miño, que poderás percorrer a través de infinitos roteiros pola costa, montañas, vales, ríos e paraxes con inmensa riqueza natural.

Móvete en A Mariña

Para practicar sendeirismo e outras actividades ao aire libre, este é o lugar idóneo. Coñece A Mariña camiñando polas súas preciosas rutas que percorren bosques autóctonos ou pola súa costa escarpada.

Ademais, poderás practicar surf, vela, piragüísmo, submarinismo, BTT, facer rutas a cabalo, descenso de barrancos, espeleoloxía… todo un mundo de posibilidades para desfrutar ao máximo deste destino.

Saborea a costa lucense

As augas do Cantábrico e o amplo territorio dedicado á agricultura e gandería fan que a gastronomía da costa norte lucense sexa deliciosa e variada.

Produtos frescos, locais e de calidade enchen a zona de sabor. Tamén por isto é un lugar repletísimo de festas gastronómicas das que poderás gozar nas diferentes localidades da zona. Varios produtos con denominación de orixe propia abarcan toda a Mariña, destacando a  faba de Lourenzá.

Goza dun destino turístico sostible, onde poderás coñecer a cultura local, o seu gran patrimonio natural e realizar unha infinidade de actividades.