Museo histórico de Sargadelos
O museo está situado na antiga Casa da Administración do complexo industrial de Sargadelos e forma parte do conxunto catalogado como Ben de Interese Cultural e Conxunto Histórico Artístico.
Conta con dúas salas, na primeira expóñense de forma permanente pezas de cerámica, obxetos da fundición e documentación histórica referente ás Reais Fábricas. Na segunda, realízanse exposicións temporais relacionadas con diversos aspectos da cultura galega. Ademáis, nos corredores, expóñense grabados de artistas contemporáneos como Rafael Úbeda, Arcadio Blasco ou Isaac Díaz Pardo, entre outros.
Sargadelos contemporáneo (visitas á Fábrica de Producción e/ou Galería de exposición e venda)
Novo Museo Sargadelos (visita libre -todo o ano- ou guiada - verán-)
Reais Fábricas de Sargadelos (Conxunto Histórico Artístico)
Audioguía ficcionada de Cervo (viaxe no tempo sobre o complexo industrial de Sargadelos)