Museo Sargadelos
O novo Museo de Sargadelos recorre a historia da fábrica de cerámica nas súas cinco etapas, a evolución dos deseños e a contribución á posta en valor da cultura de Galicia. Tamén expón obras de grandes artistas como Luís Seoane ou Díaz Pardo e mostras de olaría tradicional galega.
No antigo edificio que no seu día albergou o Seminario Sargadelos, conta con sete salas expositivas, o renovado auditorio, o túnel de obras dos estudantes das experiencias de verán desde 1971... No futuro prevense novas salas e recuperar a casa que Isaac Díaz Pardo, o gran impulsor da quinta etapa de Sargadelos, habitou na época na que foi veciño de Cervo.
A visita ao novo museo é o complemento perfecto á que se pode realizar á planta de produción do complexo Sargadelos, ambas as dúas incluídas na “Experiencia Sargadelos”.
Sargadelos contemporáneo (visitas á Fábrica de Producción e/ou Galería de exposición e venda)
Reais Fábricas de Sargadelos (conxunto histórico artístico)
Museo histórico de Sargadelos (xunto ás Reais Fábricas de Sargadelos)
Audioguía ficcionada de Cervo (viaxe no tempo sobre o complexo industrial de Sargadelos)