Faro da Illa da Pancha
Este faro encóntrase na Illa da Pancha, que se comunica co continente a través dunha estreita ponte. E mentres o antigo faro se reformou para convertelo en aloxamento turístico, un máis moderno segue alumeando os barcos que navegan pola nosa costa.
Aínda que as obras para a súa construción se aprobaron en 1851 non foi ata o 30 de decembro de 1860 que unha luz vermella e fixa que alcanzaba as 9 millas comezou a funcionar para axudar na navegación de entrada á ría e ao porto de Ribadeo.
Ese antigo faro xa non está activo e a poucos metros del, se alza a torre branca con dúas franxas negras do novo faro, que entrou en servizo en outubro de 1983, que con 28 metros de altura sobre o mar, emite escintileos dunha luz branca que alcanza unha distancia de 21 millas náuticas.
En 2016, este novo faro modernízase e pasa a funcionar só con enerxías renovables que proceden de varios paneis solares e dun xerador eólico.