Porto de Ribadeo
Porto deportivo
O porto de Ribadeo está enclavado na ría do mesmo nome que forma a división natural entre a comunidade de Galicia e a de Asturias. Moi preto do centro da vila, permite acceder dende el ós principais atractivos turísticos da zona.
Este porto deportivo conta cun total de 235 amarres, unha eslora máxima de 20 metros e un calado máximo de 3 metros.
O acceso á canle de entrada ó porto está delimitado entre o dique da praia de Covas e o outro dique cuxo extremo se atopa a uns 400 metros ao sur do dique de abrigo de Celeiro.
Esta infraestructura conta con multiples servizos como: aparcamento, combustible, auga, electricidade, recollida de aceites, vixilancia, grúas, restaurante, aseos e duchas, etc.