Audioguía ficcionada de Ribadeo
Ribadeo alén do tempo
Rememora vellos tempos cun paseo polo rico escenario arquitectónico e legado indiano desta vila.
A modo de película antiga, esta visita convídate a camiñar acompañado por relatos, sons, ambientes e músicas que recrean un tempo no que os emigrantes retornados deixaron unha pegada inconfundible na identidade de Ribadeo. Un percorrido pola memoria da arquitectura indiana de finais do siglo XIX e comezos do século XX, que comeza nos arredores da Praza de España, e que te achega aos principais exemplos deste legado presentes en Ribadeo: as grandes casas e outros edificios vencellados á súa influencia.
Un ribadense - personaxe inspirado en Ramón Fernández de Higueras - fillo de indianos e el mesmo emigrante na Arxentina, será a guía deste paseo que che permitirá revivir escenas da vida dos indianos de Ribadeo, ir ata o Bos Aires de principios do século XX, asistir á conversa duns mariñeiros de Rinlo ou escoitar un anuncio de radio dos anos trinta dunha actuación de Antonio Machín.
Duración: 43 minutos.
Clica na imaxe inferior para ampliar o mapa co percorrido da audioguía
En todo momento, a través dos diferentes relatos, irás recibindo indicacións por onde debes ir. Por iso, unha vez conectado o son non se debe interromper e terás que apagalo só ao chegar ao final. Recomendámosche que encendas o audio e te deixes levar pola historia única e diferente destes lugares. Para evitar indicentes é moi importante que realices paradas en lugares seguros e que teñas coidado co tránsito rodado ao camiñar. Agardamos que disfrutes da experiencia!
No mes de xullo, a vila convértese en escenario dun evento histórico e cultural que recrea o ambiente de principios do século XX: o "Ribadeo Indiano".