Oficina de Turismo de Ribadeo
Oficina de turismo anual situada no centro urbano de Ribadeo
* Punto de información turística As Catedrais: En Semana Santa e de xullo a finais de setembro, existe tamén un Punto de información turística na Praia das Catedrais con horario de luns a domingos de 10:00-14:00 / 16:00-19:00h.
Esta oficina conta coa distinción SICTED que acredita o seu compromiso coa calidade turística e coa mellora do destino.
Visitas guiadas - Verán 2025
Durante os meses de xullo e agosto, a Oficina de turismo de Ribadeo organiza unha serie de visitas guiadas pola vila e a contorna. Para informarte, accede a este enlace.
Audioguía ficcionada
Rememora os vellos tempos cun paseo polo rico escenario arquitectónico e o legado indiano desta vila a través da Audioguía ficcionada "Ribadeo, alén do tempo". Esta visita convídate a regresar ao pasado para recrear un tempo no que os emigrantes retornados deixaron unha inconfundible pegada cultural e patrimonial en Ribadeo.