A Mariña Lucense, ao norte da provincia de Lugo, á beira do Mar Cantábrico, é un dos lugares mais versátiles, inexplorados e sorprendentes de Galicia.
A súa costa e interior e un clima suave, conforman un destino ao que viaxar con calma a través de vilas históricas, praias paradisíacas e sorprendentes paisaxes encravadas en pleno norte peninsular.
Un territorio diverso e auténtico para visitar en calquera época do ano, de xente hospitalaria, que destaca polo seu patrimonio natural e cultural, a rica e variada gastronomía e a tranquilidade.
Relaxarse e respirar, con ambientes que inspiran descanso, en lugares amplos e abertos, natureza e vida rural…onde, despois de todo, Volver a encontrar o Norte.