Porto de Foz
Durante os séculos XVI e XVII Foz contou con un importante porto e con un dos tres estaleiros máis importantes de Galicia. Armadores e pescadores focenses adicábanse, fundamentalmente, á captura de baleas. Esta importancia pesqueira foi decaendo co tempo, aínda que hoxe queda unha importante tradición mariñeira.
Desde ese primero asentamento prerromano ata a actualidade, a historia de Foz está estreitamente ligada a súa veciñanza co mar. Polo Cantábrico chegaron os fenicios, e incluso dise que tamén navegantes chegados desde Tartessos, ao sur da Península.
Esta poboación sempre foi un pobo pesqueiro, de onde saía a súa principal riqueza. Máis ainda cando convertiuse nun importante porto baleeiro.
Tanto é así que a finais da Idade Media aquí estaba un dos estaleiros máis importantes da costa galega.O porto aproveitábase da presencia do río Masma. Esas condicións creaban un refuxio perfecto para as embarcacións. E non só para as naves dos mariñeiros locais, tamén aquí atracaban embarcacións que realizaban rutas máis lonxanas. Por iso, na Idade Media non era raro que aquí se oíra a lingua de mariños portugueses, ingleses ou flamencos.
Esas condicións do porto de Foz, o privilexio de poder pescar baleas e o tráfico internacional fixo que Foz vivira nos séculos XVI e XVII a súa época de maior esplendor económico.
Nembargantes, a comezos da seguinte centuria España perdeu os seus dereitos na caza de baleas, e iso supuxo un importante varapalo para o porto de Foz. A consecuencia foi que de maneira paulatina perdeu importancia.
Hoxe en día xa non é o porto que foi, pero desde aquí seguen partindo os mariñeiros de Foz para facer a súas capturas, os peixes e mariscos que logo poderás atopar no mercado ou nos restaurantes da poboación.
E esta é a metáfora que pode resumir o presente de Foz, unha cidade cunha longa historia ligada ao mar, que na actualidade segue vivindo do que lle ofrece o Cantábrico, pero sobre todo dos visitantes que chegan ata aquí para coñecer a súa gastronomía e estas belas paisaxes mariñeiras.
Desde o Centro de Interpretación A Mariña Virtual (CENIMA) parte o percorrido da Audioguía ficcionada "Memorias poéticas de Foz" que che axudará a profundizar na vinculación de Foz co mar a través das súas rúas, así como nos ecos de vidas lonxanas que forman parte da esencia local.