Castelo de Castrodouro
Edificado sobre un antigo castro romanizado do século I d.C., da antiga fortaleza só se conserva a estrutura exterior da torre de Homenaxe.
No século IX unha familia da Meseta funda o mosteiro e no século XV pasa ao patrimonio do Mariscal Pardo de Cela.
O mosteiro familiar dependía da diocese de San Martiño de Mondoñedo e co apoio da monarquía asturiana rehabilítano e fortifícano. No 1220 o rei Afonso IX concédelle o título de vila e todo un alfoz a ˝Castro de Ouro˝ e tamén nesta época a infraestrutura do mosteiro militarízase.
No século XV pasa ao patrimonio do Mariscal Pardo de Cela por formar parte da dote da súa voda con Isabel de Castro.Trala morte de Pardo de Cela volve a mans da Mitra mindoniense, rexida polo bispo Diego de Soto, que o convirte en residencia episcopal, función que sostén ata o século XVII, cando foi abandoado.
Desde finais do século XIX pertence ao concello e foi destinado durante a meirande parte do século XX a Casa Consistorial e sede do Xulgado Municipal.
No 1949 obtivo protección legal e no 1994 foi inscrito no rexistro de Bens de Interese Cultural.
Na actualidade o Castelo acolle varias dependencias municipais do Concello de Alfoz que contribúen á súa posta en valor: punto de información turística, sala de exposicións e sala museo.