Audioguía ficcionada de Alfoz
O Mariscal: mito, lendas e noticias do último guerreiro medieval
Viaxa ao pasado con dous protagonistas da historia no Castelo de Castro de Ouro
Audioguía interior castelo
Audioguía exterior castelo
Este lugar, onde se desenvolve a audioguía, está vinculado a episodios determinantes da vida do famoso Mariscal Pedro Pardo de Cela, personaxe controvertido, rodeado de mitos e lendas propulares, que viviu en el siglo XV y a quien se le han dedicado estudios, libros, óperas y obras de teatro.
Os guías do paseo son o propio Mariscal e Isabel de Castro, a súa compañeira e esposa. Eles van trasladarte aos anos das guerras irmandiñas, ás loitas de sucesión ao trono de Castela e aos conflitos entre a nobreza galega, a igrexa e o poder real, actuando como comentaristas das súas propias historias.
Preséntanse en dúas versións:
Interior: suxeita ao horario de apertura ao público da torre, proponche un percorrido que transcurre polo seu interior - con tres pisos que hai que superar subindo por unha escaleira con descansos - e finaliza na terraza cunhas impresionantes vistas do vale. Duración: 22 minutos.
Exterior: como alternativa, fóra do horario de apertura da torre ou para as persoas que teñan dificultades para subir, pódese facer un percorrido rodeando a capela de San Salvador e os restos da muralla. Duración: 23 minutos.
Clica na imaxe inferior para ampliar o mapa
Para ter en conta: a menos de 15 km do Castelo - dirección Foz pola LU-152- sitúase o Pico da Frouseira, un espazo mítico na vida do Mariscal con fermosas vistas da contorna.
En todo momento, a través dos diferentes relatos, irás recibindo indicacións por onde debes ir. Por iso, unha vez conectado o son non se debe interromper e terás que apagalo só ao chegar ao final. Recomendámosche que encendas o audio e te deixes levar pola historia única e diferente destes lugares. Para evitar indicentes é moi importante que realices paradas en lugares seguros e que teñas coidado co tránsito rodado ao camiñar. Agardamos que disfrutes da experiencia!