Visitas guiadas na Mariña - Verán 2025

 

Na Mariña Lucense, e con maior intensidade nos meses de verán, poderás atopar diversos programas de visitas guiadas ofrecidas tanto polos concellos, como por entidades asociativas e espazos culturais privados que configuran o destino. Son propostas que nos convidan a coñecer os centros históricos, contornas naturais e outros espazos de interese do territorio.

Coñece o noso patrimonio e namórate da Mariña!

Barreiros - "Barreiros queda en ti" (Xullo - Agosto)

Turismo de Barreiros organiza nestes meses, catro percorridos diferentes para explorar de forma gratuíta distintos atractivos da zona. Propostas como: 'Rutas xeolóxicas Litoral de Barreiros' que presentan a sorprendente xeodiversidade das praias do municipio, 'O día a día dun gandeiro. Granxa Mantoño Holstein' para coñecer de preto a importante labor dos gandeiros e o funcionamento dunha das mellores granxas de España, 'Un paseo por San Miguel' recorrido polos seus barrios no que descubrir a súa historia e legado patrimonial e 'Ruta por Santo Estevo do Ermo', pequeno itinerario por esta fraga na que se agocha unha fervenza e un rico e inesperado patrimonio natural e cultural.

Un programa co que se pretende mostrar a riqueza cultural e ambiental de Barreiros así como as formas de vida das as súas xentes.

Máis información: Barreiros Turismo

 

  Burela - "Burela en ruta" (Xullo - Agosto - Setembro)

Este programa convídate a sumerxirte no patrimonio cultural e natural de Burela, nos oficios tradicionais do mar e no funcionamento dun dos portos máis importantes do Cantábrico. O abanico de propostas inclúe: visitas ao Barco Museo Bonitero Reina del Carmen; a Ruta do Peixe, con visita á lonxa; visitas a Conservas Faro de Burela; a proposta denominada "Máis alá do mar" para coñecer parte da zona rural de Burela así como a Igrexa da Vila do Medio con pinturas murais medievais, visitas tamén á "Moncloa" (Asociación de Mariñeiros Xubilados e Afíns), a tres xa moi coñecidas Rutas Xeolóxicas (A Marosa, O Perdouro e O Cantiño) e, como novidade deste 2025, Roteiros Ornitolóxicos, ideais para descubrir a riqueza de aves mariñas e costeiras que habitan nesta zona do litoral.

Máis información: Concello de Burela 

 

 Foz - Basílica de San Martiño de Mondoñedo (visitas guiadas ata finais de setembro - resto do ano baixo demanda)

Esta Basílica está considerada a catedral máis antiga que se conserva en España. Arquitectónicamente enclávase dentro do románico lombardo catalán, un estilo pouco habitual no noroeste peninsular. No seu interior esconde auténticas xoias patrimoniais. Está aberta a visita libre e con visita guiada

Contacto para información e reservas: 982 132 607

Máis info sobre o monumento e horarios nesta ligazón.

Espazo Caritel

Este espazo, é a unión da obra artística do escultor Daniel Caxigueiro coa súa gran afición, un xardín botánico no que se atopan multitude de especies diferentes. Este verán -julio y agosto- ofrece visitas guiadas ás 18:00 h de martes a sábados e domingos ás 12:00 h. 

Máis información: Facebook Espazo Caritel ou no tlf 982 13 26 94.

 

  Lourenzá - "Vistas ao Mosteiro de San Salvador" (xullo - setembro 2025)

O mosteiro de Vilanova de Lourenzá está considerado unha das xoias do barroco galego (séc. XVII–XVIII), destacado pola súa fachada deseñada por Fernando de Casas Novoa, quen posteriormente traballou na fachada da Catedral de Santiago. Entre as súas estancias visitables inclúense o acceso á igrexa, a sancristía e o seu extraordinario relicario, a capela da Valvanera e o lendario sarcófago paleocristián do Conde Santo.
 
Aberto a visitas turísticas de luns a sábado de 10:00h a 14:00h. Non é necesaria reserva previa.

  Mondoñedo - Visitas á Catedral e á 'Cova do Rei Cintolo'

Catedral
A Catedral de Mondoñedo pode visitarse a través da Visita Cultural Audioguiada que inclúe o acceso ao templo, sancristía, claustro, sala capitular e parte do museo diocesano. Existen ademais dous percorridos exclusivos:

  • Visita "ALTIUS. Contemplando Mondoñedo desde a Paula" que, a través de visita guiada, entra nos salóns góticos do museo e sobe ata a terraza da fachada da catedral. 
  • Visita "Paseando polo Rosetón" percorrendo o novo museo situado nun lugar privilexiado denominado "os Salóns Góticos", que se conectan a través dun balcón polo que poderás cruzar xunto ao rosetón.

Más info, horarios, prezos e reservas.

Cova do Rei Cintolo
Durante case todo o ano organízanse visitas á galería central de esta cavidade natural considerada a máis grande de Galicia e unha xoia para practicar espeleoturismo. Ademais, recentemente habilitouse un novo percorrido xunto ao río exclusivamente dirixida a maiores de idade e con experiencia previa.


Máis info sobre a cova aquí.
Contacto directo e reservas en Oficina de Turismo de Mondoñedo: 982 507 177

 

Ourol - Ruta Indiana (2 e 3 de agosto)

O amplo e variado patrimonio indiando co que conta o Concello de Ourol deu lugar á Ruta Indiana de Ourol. Para promovela, o concello organiza os días 2 e 3 de agosto deste 2025, visitas guiadas e teatralizadas en bus de época para coñecer parte deste singular legado.

As reservas habilitaranse do 15 ao 28 de xullo na seguinte web: Concello de Ourol

Máis información: 982 55 90 19 / 608 69 40 51

 

  A Pontenova - Visitas guiadas dentro do complexo histórico e recreativo das Minas Consuelo e Boulloso

Trátase dun conxunto etnográfico ao redor de a actividade mineira relacionada coa explotación do mineral de ferro durante o século XX. Grazas á exploración e posta en valor da mina Consuelo, esta converteuse nun espazo de referencia do xeoturismo e do espeleoturismo. Existen dúas rutas guiadaos con distintos niveis de complexidade: a de 'Os Fornos', de 4Km e con acceso ao nivel 0 da mina, e a de 'Os Fornos Plus', que incorpora o acceso ao nivel -1 da cavidade mineira con equipamento de espeleoloxía.

Ademais, desenvólvense diversas propostas turístico-deportivas en torno ao patrimonio mineiro do municipio, entre as que sobresae unha tirolesa de 300m que cobre o percorrido do antigo tranvía aéreo entre as dúas minas. Outras opcións son o alugueiro de canoas e de bicis ou cuadriciclos, así como a práctica do sendeirismo.

Máis información en: Tirolina das Minas

 
Ribadeo - Programa de visitas guiadas (Xullo - Agosto - Setembro) 
 
Descubre todas as caras da historia de Ribadeo a través do amplo programa de visitas guiadas organizado pola Área de Turismo do Concello: Ribadeo Ilustrado, un percorrido polo casco histórico da vila arredor da súa época de maior auxe económico, o século da Ilustración; paseo polo Ribadeo Antigo para realizar unha “viaxe” polos segredos, lendas e recordos que deron forma á vila. Tamén haberá visitas regulares ao Ribadeo Indiano para vivir de preto a pegada da emigración a ultramar e, en edición especial os días 12 e 13 de xullo con motivo do evento de recreación histórica tamén denominado “Ribadeo Indiano”. Igualmente, a área de turismo de Ribadeo convídate a descubrir o Forte de San Damián e o Santuario de Nosa Señora das Virtudes, dous monumentos de destacado valor histórico e patrimonial. Xa no eido do patrimonio natural, podes deixarte sorprender a través das catro rutas xeolóxicas que nos propón Turismo de Ribadeo ata setembro: as Xeorutas dos Arcos, da Ría, de Os Pregues e de Os Ollos.

Son visitas gratuítas con reserva previa. Máis información no apartado de reservas de turismoribadeo.gal.

 

Trabada (programación regular)

Desde o Concello de Trabada en colaboración coa asociación local 'Trabada Paso a paso', organizan regularmente Roteiros de sendeirismo para percorrer diversos espazos singulares do municipio. Trátase de actividades de lecer nas que os participantes poden gozar dunha distendida xornada.

Prazas limitadas. Información e reservas no concello: 982 135 011

Animámoste a seguir as diferentes propostas a través das redes sociais 'Turismo Trabada' en Facebook ou Instagram.

 

 O Vicedo - Roteiros guiados 2025 (xullo e agosto)

Programa "Rutas 2025 O Vicedo: Natureza Envolvente”

O concello de O Vicedo organiza xunto a Rutas Galicia Norte un programa estival para redescubrir a riqueza natural e cultural do municipio a través de actividades de sendeirismo que conta coas seguintes propostas:

“As Laxes, un balcón sobre A Coelleira”
Está dirixida a quen busca paisaxes espectaculares e emoción fronte ao mar. O itinerario inclúe tamén unha sección dedicada aos “Mistérios e lendas de Santo Estevo do Val”*, con relatos populares que enriquecerán a experiencia. Celebrarase o sábado 12 de xullo e o sábado 16 de agosto.

“Os Moutillós, as pegadas dos normandos”, invita a explorar un antigo xacemento arqueolóxico na praia de Area Grande, onde historia e mar entrelázanse. Esta actividade ofrece unha visión diferente do pasado medieval da zona, con datas previstas para os mércores 23 de xullo e 20 de agosto.

“Río Sor, remansos de paz e biodiversidade”, unha ruta dedicada ao entorno fluvial do municipio e á súa riqueza ecolóxica, incluíndo ademais unha reflexión sobre os retos ambientais actuais. Esta opción terá lugar os mércores 30 de xullo e 27 de agosto.

Información e reservas en: rutasgalicianorte@gmail.com

 

Igrexa de Santo Estevo do Val

Ademais, da man da Asociación Cultural Orde Templaria organizanse visitas guiadas á Igrexa de Santo Estevo do Val. Unha oportunidade única para afondar na historia, a arte e as lendas deste templo dunha forma enriquecedora.

Visitas guiadas gratuítas: todos os xoves de 20:00 a 22:00 h. Información e reservas: tel. 627 750 045.

 

 Xove - Roteiros guiados 2025 (xullo e agosto)

As actividades, organizadas polas áreas de Turismo e Medio ambiente de Xove, serán realizadas de man de "Rutas Galicia Norte" e teñen como obxectivo mostrar distintos lugares de interese e interpretar o patrimonio cultural, a natureza e a paisaxe do municipio. Así, existen catro propostas ao redor dos seguintes espazos: Ruta dos muíños da Rigueira (venres 18 de xullo), centrada na etnografía e nas crenzas populares do río; visita aos “Cantís de papel” (xoves 24 de xullo), un paseo pola costa con relatos sobre a caza de baleas e o mítico ansarón; visita ao enclave arqueolóxico de San Tirso de Portocelo (xoves 7 de agosto), cheo de curiosidades visuais na zona da Roncadoira e, por último, unha ruta polo esteiro de Xove (xoves 21 de agosto), para coñecer a singularidade xeolóxica entre o Muiñelo e a Punta da Mansa.

Información e reservas en: rutasgalicianorte@gmail.com

 

Ademais destas visitas, en A Mariña poderás atopar propostas de actividades guiadas organizadas por distintos Guías Oficiais de Turismo que traballan habitualmente no territorio:

 

Con programación regular:

  •  Guía tu día (Ana Pena)

Tel.: 654 996 857 | guiatudia@gmail.com | Facebook | Instagram

Esta guía oficial de turismo conta coa distinción SICTED que acredita o seu compromiso coa calidade turística e coa mellora do destino.

  • La Guiateca (Carmen Delia Díaz)

 Durante os meses de xullo e agosto conta con programación de visitas guiadas á vila de Ribadeo con dous formatos: visita guiada tradicional e visita guiada con degustación.

Máis información nesta ligazón. Tel.: 667469 357 | Instagram

Esta guía oficial de turismo conta coa distinción SICTED que acredita o seu compromiso coa calidade turística e coa mellora do destino.

  • Rutas Galicia Norte (Boris Vilar)

rutasgalicianorte@gmail.com | Facebook | Instagram

Esta guía oficial de turismo conta coa distinción SICTED que acredita o seu compromiso coa calidade turística e coa mellora do destino.

 

Baixo demanda: 

  • Camiños con arte (Lidia de la Fuente)

Tel.: 680 642 925  | info@caminosconarte.com | Web | Facebook | Instagram

  • Naomi Álvarez

Visitas en Ribadeo.  Tel.: 657 549 604

  • Sra. María Servizos Turísticos (Noela Feal)

Tel.: 636 737 608 | FacebookInstagram

Esta guía oficial de turismo conta coa distinción SICTED que acredita o seu compromiso coa calidade turística e coa mellora do destino.

  • Suso Martínez

Facebook | Instagram

 


A Mariña. Galicia de corazón