A Mariña Latexa Contigo

 

Unha invitación para coñecer e sentir o noso territorio a través da mirada máis auténtica, a dos propios mariñáns. Veciños e veciñas dos 16 municipios da Mariña que representan unha voz orgullosa da nosa terra e que nos ensinan a súa diversidade patrimonial e o seu carácter.

 

"A Mariña Latexa contigo"  aborda propostas para dar visibilidade e involucrar á poboación local, estreitar lazos, fomentar o orgullo de pertenza e resaltar a riqueza cultural, natural e social da Mariña. Aliméntase de entrevistas a veciños e veciñas de cada un dos 16 municipios que conforman o territorio e proponnos pezas audiovisuais e gráficas conxuntas e para cada municipios.

Os mariñáns e as mariñás comparten o seu relato sobre o que fai único ao seu lugar, conformando as pezas dun quebracabezas que nos achega, cunha mirada auténtica e emotiva, a un territorio vivo e diverso, que latexa pola súa xente. 

Esta campaña de comunicación interna é unha acción deseñada no contexto de o Plan de Sostibilidade Turística na Mariña que cofinancia a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense xunto coa Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

¡PARTICIPA NO PROXECTO!

Pero isto non queda só na voz recollida por 64 entrevistas. Queremos escoitar a todos. Por iso, establecemos un espazo opinión, para que calquera persoa relacionada con A Mariña poida responder as mesmas preguntas que se formularon nas gravacións e achegar ademais a súa opinión sobre o noso turismo.

APORTA A TÚA OPINIÓN

Un exercicio para que expreses a túa opinión e nos axudes a coñecer o sentir dos habitantes da Mariña. 

ACCEDE Á ENQUISA 

A Mariña latexa contigo, mirada a mirada.

Videos dos 16 concellos da A Mariña.