O Valadouro, A Mariña latexa contigo

 

Goza coñecendo os encantos de O Valadouro da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.

 

– "O Valadouro é bonito todo, pero hai 3 cousas que ten, 3 fervenzas, como é Escoiridal, o Pozo da Onza e Torez que son dignas de ver"

– "O Mercado de Primavera é digno de ver, con concursos de Zocas, rapaces montando os seus carros e unha ruta de tapeo e charangas"

– "As festas principais son as do 8 de setembro, a Nosa Señora, que son as festas principais de Valadouro e asiste todo o valle"

– "A fervenza de Torez é descoñecida para moita xente, pero é unha das máis bonitas e merece a pena descubrir"

– "A Fraga da Furna é unha fraga de acibros preciosa onde nace o río Ouro, e a Fraga das Leiras tamén é encantadora, cun bosque cheo de castaños e robles"

 

"O mellor de O Valadouro é a Xente"

 

Se ti tamén queres aportar a túa visión de O Valadouro, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO

GRAZAS por formar parte!