Foz, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Foz da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
-"Foz por antonomasia é mar, unha vila mariñeira. E temos un contraste a poucos quilómetros que é toda a serra do Xistral, unha paisaxe distinta."
-"Foz é mar, Foz é unha vila mariñeira, e eu como contraste recomendaría acudir á Serra do Xistral a darse un paseo."
-"Recomendaríalle pasar polo Entroido de Foz, declarado de interese turístico galego, cun desfile no que participan máis de 2.000 mil persoas e cun colorido, cunha gama de cores impresionante."
-"Monumentos megalíticos, unha xoia do románico como é Santa Filomena."
-"Unha praia urbana como é a Rapadoira, emblemática, decana en ter a bandeira azul"
- "A espectacularidade de Llas, unha praia salvaxe como A Pampillosa, Areoura, tranquila para bañarse os rapaces"
-"Eu son feliz en Foz"
- "Ten moitas cousas preciosas, sobre todo tapear, os bares, que se tapea moi ben."
"O mellor de Foz é a Xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión de Foz, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!