Mondoñedo, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Mondoñedo da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
– "Recomendaría a todos os que veñen a Mondoñedo que fixeran rutas de senderismo, que se perderan polos camiños, que subiran un pouco os altos e viran os techos da catedral desde outra perspectiva."
– "Un dos lugares máis bonitos de Mondoñedo son as fontes naturais, que traían auga á vila en 1725, e agora acaban de ser recuperadas, son algo espectacular."
– "A ruta da auga é unha das mellores rutas de senderismo, pasa por paisaxes naturais, sobre todo fragas e zonas de auga, e comeza e remata ao lado da catedral."
– "Mondoñedo é cultura, beleza, natureza e xente marabillosa; é unha vila que che sorprende a cada paso que das."
– "A fervenza Recadieira é a nosa piscina natural, onde os mindonienses nos bañamos no verán."
– "A catedral de Mondoñedo é un dos monumentos máis importantes e visitados da vila, co seu rosetón, a fachada, o interior e o museo catedralicio."
"O mellor de Mondoñedo é a Xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión de Mondoñedo, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!