O Vicedo, A Mariña latexa contigo

 

Goza coñecendo os encantos de O Vicedo da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.

–“O Vicedo é un lugar para relaxarse e respirar o aire do mar. É un rincón espectacular para desestresarte desta voráxine.”

–“Punta Maceira é un punto único desde onde se ve a Coelleira e o Fuciño do Porco. A unión entre o mar e o ceo é impresionante.”

–“A praia de San Román destaca pola súa naturalidade. Cada día descóbrese unha paisaxe distinta.”

–“O Fuciño do Porco converteuse no símbolo do Vicedo.”

–“As praias, como Xilloi e Abrela, destacan pola súa beleza e a bandeira azul que as avala.”

–“O mirador do Muro Novo ofrece vistas únicas da desembocadura do río Sor, o Cabo de Bares e a illa de San Martiño.”

"O mellor de O Vicedo é a Xente"

 

Se ti tamén queres aportar a túa visión de O Vicedo, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO

GRAZAS por formar parte!