Cervo, A Mariña latexa contigo
Goza coñecendo os encantos de Cervo da man espontánea e sincera dos seus veciños, que nos axudan a descubrir todas as experiencias que podes vivir na Mariña.
– "En Cervo temos a opción de montaña e a opción de costa, lugares marabillosos con natureza e edificios antigos como as fábricas de Sargadelos"
– "O mellor de Cervo é a xente, que é moi acolledora e solidaria, cun tecido asociativo moi grande que dinamiza o noso pobo"
– "Sargadelos é o corazón de Cervo, un lugar onde os ruidos da natureza convértense en sons para soñar"
– "A praia de Rueta é un lugar moi especial, como un recuncho de piratas que todo o mundo debería visitar"
– "O paseo dos namorados en Sargadelos e o camiño real desde a praza do Souto son rutas únicas que non se poden perder"
– "A queimada popular de Cervo, con mercado tradicional e música, é unha experiencia única que representa a loita entre o ben e o mal"
"O mellor de Cervo é a Xente"
Se ti tamén queres aportar a túa visión de Cervo, da Mariña e do turismo, accede a ESTE CUESTIONARIO
GRAZAS por formar parte!