PR-G 85 Ruta da Fraga de Vilapena

 
Sendeirismo

Rodea  e atravesa a Fraga de Vilapena, caracterizada pola súa gran diversidade de árbores: carballos, xardóns, abeleiras, bidueiros destacando un tramo do percorrido onde atopamos algúns érbedos. O percorrido descubriranos a aldea e núcleo rural de Vilapena e os seus cultivos e aproveitamentos gandeiros e tamén as grandes paisaxes naturais.

A ruta está homologada pola Federación Galega de Montañismo como a PR-G 85, coa sinalización adecuada.

Vilapena
Vilapena
10 Km
3 h 30 min
Ruta circular
Desnivel
575 m.
288 m.
Dificultade
Global
Moderado
Servizos
Gratuíto

Paisaxe natural e humana

Comezamos no núcleo rural de Vilapena, onde podemos visitar a igrexa na que destaca o seu fermoso retablo barroco. No alto de Pena Gorda o camiñante poderá gozar de amplas vistas panorámicas cara os vales de Vilaformán e Vilapena.

Dende este alto pódese desfrutar dunha paisaxe típica das montañas próximas á Mariña Lucense. Continuando adentarémonos nun novo ecosistema de bosque autóctono, onde o rei indiscutible é o carballo. Poderemos observar tamén unha carboeira, oco na terra onde se elaboraba carbón vexetal. O proceso consistia en facer un burato, meter a madeira, tapalo con terra e iniciar a combustión controlada e amodiño, ata que a madeira queda convertida en carbón. Logo atoparémonos cunha pequena fervenza nun regacho afluente do Vilaformán.

O remate do percorrido, encamiñámonos cara a ribeira do regueiro de Vilaformán coñecido noutrora pola súa fama troiteira e que seguramente deu moitas satisfaccións aos pescadores da zona. Este regueiro nolo cruzaremos en varios lugares ao longo do percorrido.

Lectura da ruta

Visita esta ligazón para saber como ler un arquivo .gpx e poder seguir o trazado da ruta.