PR-G 83 Ruta do Vento
Discorre na súa totalidade por pistas existentes, de escasa pendente. Ademais da fascinante paisaxe, pódese desfrutar de impresionantes vistas panorámicas dende o alto de Cerrochán, dun espazo dedicado ao aproveitamento da enerxía eólica, así como unha explotación mineira a ceo aberto. A ruta está homologada con numeración PRG 83, coa sinalización adecuada.
Vales e fragas
A paisaxe está conformada por magníficas fragas, de Cabanela e Vilaformán cunha gran diversidade de especies arbóreas: érbedos, abeleiras, xardóns e carballos. Gradualmente esta paisaxe cambia e o sendeiro ábrese a un medio transformado polo home, onde destacan as masas de coníferas con piñeiro silvestre. Dende o alto de Cerrochán pódese desfrutar dunhas excelentes vistas dalgúns dos vales que conforman o Concello de Trabada. Ao longo do percorrido poderemos atopar distintas clases de animais salvaxes que se achegan ata os depósitos de auga a beber. Encuberta por unha arboreda atoparemos unha explotación mineira a ceo aberto de lousa, interesante por tratarse doutro tipo de aproveitamento dos recursos da zona.
Seguindo o sendeiro rodeados pola fraga da Cabanela, chegaremos a un punto onde o visitante pode disfrutar cunha vista panorámica espléndida da fraga de Vilapena e da súa contorna, ademais de poder contemplar a paisaxe característica deste ecosistema tan típico en Galicia.
Na vertente oposta ao alto de Cerrochán o camiñante atoparase cun pequeno agasallo da natureza, en forma de fervenza, que causara un efecto refrescante, no paseo. Ao carón deste fervenza situase unha fonte na que poderemos repoñer enerxía para continuar o camiño
Visita esta ligazón para saber como ler un arquivo .gpx e poder seguir o trazado da ruta.