PR-G 84 Ruta da Subida ao Picato
Esta ruta circular transcorre por pistas de terra e camiños, que se dirixen ao Alto do Picato con 743 m , unha atalaia privilexiada para disfrutar da paisaxe. Polo camiño empinado descubriremos os xogos da area recreativa do Alto do Couso, as plantacións forestais de piñeiros, as bestas pastando libres, e poderemos reflexionar sobre os distintos usos do territorio no cumio do Picato.
Esta ruta está homologada por la Federación Galega de Montañismo con el número PR-G 84 y por tanto, convenientemente señalizada.
O piñeiral, un cultivo forestal que está verde todo o ano
Iniciamos o camiño na área recreativa do Alto do Couso onde poderemos gozar ao aire libre dunha comida ou xogar no seu circuíto de actividades. Desde a saída podemos ver piñeiros silvestres. Este piñeiro pode vivir a máis de 1.000 m de altitude, pois se adapta ben ao frío. A súa madeira co núcleo de cor vermella, é de calidade, resinosa e compacta, e emprégase en postes, construción e ebanistería.
Nestes piñeirais podemos ver os esquíos realizan acrobacias nas ramas e troncos, ou comendo os piñóns. Entre as aves é frecuente o ferreiriño negro que se alimenta de insectos, realizando un labor importante para mellorar a saúde dos bosques, pois chega a capturar até 8.000 insectos para completar cébaa do seu niño.
Na ruta poderemos ver tamén outras árbores como carballos, abeleiras, eucaliptos...
A matogueira aproveitada por cabalos semi-salvaxes
Neste territorio, este tipo de vexetación ocupa unha superficie importante, dominada por queirogas e tamén polo toxo. As matogueiras teñen gran valor, xa que poden constituír o paso anterior á formación do bosque, ofrecen refuxio a moitas especies de animais, reteñen os chans combatendo a erosión e proporcionan a base para actividades como o pastoreo e a apicultura. Antigamente, estas especies cultivábanse para realizar a rotación dos cultivos cando as terras cultivadas tiñan o chan esgotado. Deste xeito, as xestas cumprían dúas funcións: axudaban a enriquecer o chan e, cando se cortaban, servían para leña ou para cama do gando, producindo abono para fertilizar os cultivos.
A gandaría extensiva é unha forma de aproveitamento do monte moi interesante. As razas autóctonas, como o cabalo galego do monte ou a vaca rubia galega, están adaptadas a alimentarse nestes pasteiros de montaña, sendo unha peza crave para a prevención dos incendios forestais e a conservación da paisaxe.
Unha paisaxe moi variada, dominando o territorio
No Alto do Picato, avistaremos un vasto territorio, en días despexados pódese apreciar a costa da Mariña. O territorio que se divisa está formado por vales, serras e montañas con agrosistemas combinados con plantacións forestais maioritariamente de eucaliptos, cultivos, en mosaico e bosques autóctonos como o de Becerreira e Vilapena e matogueira.
O monte desempeña ademais dunha función económica tamén ten unha importante función social e ambiental.
Visita esta ligazón para saber como ler un arquivo .gpx e poder seguir o trazado da ruta.