Ría de Foz - Masma

 
Espazo natural Ría

Este espazo natural esténdese polo curso medio e baixo do río Masma, incluíndo pequenos tramos dos seus tributarios así como o seu esteiro, a ría de Foz. É un importante enclave de vexetación de marisma litoral na ría de Foz, como a ceba, ou acelga salgada. Tamén acolle interesantes poboacións de aves acuáticas, especialmente no inverno como o mazarico rubio e o escaso pilro gordo.

Este espazo natural está protexido pola Rede Natura 200 como Zona de Especial Conservación e Zona de Especial Protección para as Aves.

É un importante enclave de vexetación de marisma litoral na ría de Foz, xa que as zonas resgardadas dos tramos medio e interno do esteiro están parcialmente colonizadas por extensas pradarías de ceba, mentres que as partes máis elevadas albergan xunqueiras e pradarías. Na boca do esteiro, a praia de Altar aínda conserva un retallo de vexetación de dunas móbiles, coa presenza do paxariños amarelos, endemismo do noroeste ibérico; e a rara acelga salgada, que se atopa en perigo crítico de extinción en España. Augas arriba do esteiro, as beiras do Masma están flanqueadas na súa maior parte polo bosque de ribeira.

Parte deste espazo constitúe a ZEPA Ría de Foz, que acolle interesantes poboacións de aves acuáticas, especialmente no inverno e no paso migratorio outonal.

Destaca sobre todo como zona de parada regular do cullereiro, ademais de cantidades moderadas de lavanco, cerceta, pato asubiador e o escaso ganso de cara negra, raro en España. No esteiro concéntranse no inverno núcleos de mazarico real e mazarico rubio, que xunto ao moi escaso pilro gordo danlle importancia a escala estatal.

Galicia Birding

Mais información sobre as rutas ornitolóxicas aquí.