Praia do Torno

 
Praia

No casco urbano de San Cibrao, praia tranquila con pouca ondada.

É  un dos areais máis populares no municipio que se estende dende a ría ata a zona portuaria. Conta cun paseo marítimo e dende ela pódense divisar as illas de Os Farallóns, asociadas coa figura da Maruxaina, serea que da nome a unha das festividades máis representativas da comarca.

Lonxitude: 650 metros.

Grao de urbanización: Urbana.

Aparcamento: Si.