Museo Provincial do Mar

 
Museo

Este Museo debe o seu nacemento no ano 1969 a D. Francisco M. Rivera Casás, gran coleccionista de obxectos mariños que foi mestre en San Cibrao entre 1934 e 1982. Desde 1994 a Asociación de Veciños “Cruz da Venda” ocupábase da xestión do Museo ata que, en 2004, a Deputación Provincial de Lugo fíxose cargo da súa dirección a través do Museo Provincial de Lugo.

A primeira sala das catro que posúe o Museo mostra diversas fotografías de San Cibrao así como da frota galega dos primeiros anos do século XX, mentres que a segunda sala está dedicada á caza das baleas en San Cibrao, con numerosos documentos e utensilios. Unha terceira mostra unha colección de cunchas dos principais grupos de moluscos e a última sala acolle abundante instrumental de navegación náutica.

982 594 572
Martes a domingo: 11:00-14:00 / 17:00-20:00
Domingos e festivos: 10:00 - 15:00
Lunes: pechado
Servizos
Gratuito
Sinalizado