Praia do Torno
Praia
No casco urbano de San Cibrao, praia tranquila con pouca ondada.
É un dos areais máis populares no municipio que se estende dende a ría ata a zona portuaria. Conta cun paseo marítimo e dende ela pódense divisar as illas de Os Farallóns, asociadas coa figura da Maruxaina, serea que da nome a unha das festividades máis representativas da comarca.
Lonxitude: 650 metros.
Grao de urbanización: Urbana.
Aparcamento: Si.