Praia de Lóngara

 
Praia

Parada para os amantes do surf.

Sitúase na parroquia de San Pedro de Benquerencia e está rodeada por formacións rochosas. Un dos elementos característicos deste areal é a “Pena do Elefante”, unha pedra que recorda á figura deste animal e que se pode contemplar cando a marea baixa.

Lonxitude: 400 metros.

Grao de urbanización: Natural.

Aparcamento: Si.