Círculo lítico A Roda
O Círculo lítico A Roda é un xacemento arqueolóxico único en España que ten máis de 5.700 anos de antigüidade (3.700 a. C.)
Trátase dun conxunto de pedras dispostas nun círculo perfecto dun 35 m. de diámetro, un muro perimetral de 1,5 m. e un foxo de 3,5 m.
Pola súa forma, A Roda entraría na tipoloxía dos "henge" británicos, estruturas prehistóricas de forma circular ou ovalada, dos que se atoparon moi poucos en Galicia e en España.
Os traballos arqueolóxicos no xacemento concluíron que a estrutura non foi un lugar de provisión de obxectos e que tampouco se construíron vivendas, polo que se deduce que non foi habitado. Especúlase que puidese ter unha función social ou relixiosa.
Crese tamén que a súa localización probablemente estivese relacionada coa astronomía, co fin de marcar o ciclo dos cultivos.
Conservar este patrimonio cultural, protexelo e garantir a súa transmisión ás xeracións futuras é unha tarefa na que todos nós temos que participar.