Ruta da Lagoa de Pallares
Esta ruta circular, lévanos a través de camiños e pequenas carreteiras secundarias ata a pequena lagoa de Pallares, antigua explotación arenera que actualmente está naturalizada e que lle dá nome a esta ruta.
Parte desde o aparcadoiro do campo de fútbol O Cascabeiro e no paseo poderás coñecer a ría de Foz - Masma (Red Natura 2000) do seu lado de Barreiros, lugar clave de biodiversidad a nivel europeo e a paisaxe rural propia deste municipio, case sempre salpicado de pequenas mostras de arquitectura popular.
Dende o punto de saída, o camiño adéntrase por pequenos bosques e plantacións forestais, prados de cultivos e aldeas.
A paisaxe da costa esconde un Espacio Natural protexido
A costa da ría acolle un importante enclave de vexetación de marisma litoral, coa presencia de especies protexidas coma as extensas pradeiras de ceba e a ameazada acelga salada.
Ademáis é Zona de Especial Protección para as Aves con interesantes poblacións de aves acuáticas, que poderemos observar especialmente en inverno e no paso da migración otoñal.
A observación a simple vista ou con prismátios será moi agradecida e poderás disfrutar moito vendo garza real, garceta común, cormorán grande, ánade silbón, cerceta, ánade real, gallineta de río, zampullín común e escoitando as rás co seu croar incesante.
Os hórreos, soluciones intelixentes e artísticas con materiais locais
O patrimonio cultural, coma os hórreos, poderás observalos maioritariamente na segunda metade do percorrido. Xa sexan de pedra, de madeira ou mixtos, estas típicas construccións serven para almacenar as colleitas coma o maíz, patacas, grano ou cereais e resultan inconfundibles na paisaxe rural galega. Os hórreos son un dos exemplos máis característicos da arquitectura tradicional en Galicia. No lugar de Vilar e aledaños poderemos admirar algunha destas construccións do tipo "Mondoñedo".
Todos os materiais utilizados son recursos naturais dispoñibles nas cercanías e a estructura do hórreo está perfectamente estudiada para cumplir a función de secado e conservación da colleita.
Os finais do teito, detalle artístico de canteiros, posiblemente cumplan unha función, ademáis de suxeición do teito para a protección do vento, tamén simbólica de protección e desexo de boas colleitas. Si preguntamos á xente sobre estos pináculos fálannos dunha función protectora contra o raio, as bruxas e o demonio.
Ademáis dos hórrreos, será posible observar outros elementos patrimoniais que reflexan a interacción dos seus habitantes co medio, as súas costumes, valores e, incluso, a súa creatividade: lavadeiros, igrexas, pombais ou cruceros, entre outros.
Esta ruta foi recentemente senalizada con senalética direccional.