Fervenza de Santo Estevo do Ermo
O regato de Santo Estevo precipítase en caída vertical uns 15 metros nunha contorna natural de grande riqueza biolóxica.
Este lugar conta cunha boa extensión de bosque autóctono e gran variedade de fieitos e brións.
O punto de partida para ver a fervenza é a Ermida de Santo Estevo de Ermo ou de Augas Santas. De planta rectangular, a igrexa presenta un pórtico con ventanais a ambos os dous lados, tellado de lousa e un pequeno campanario con arco de medio punto.
Preto da ermida atópase unha fonte de augas ferruxinosas con propiedades beneficiosas para a saúde. Unha segunda fonte, a de Santa Rosa, tería poder curativo para a pel, polo que os participantes na romaría do luns de Pascua enchoupan un pano con ela para mollarse e despois pendúrano das árbores.
Esta zona conta cun área recreativa de merendoiro e a posibilidade de facer pequenos roteiros, como o que sobe á parte alta da fervenza e a que baixa á súa base, onde atopamos cun miradoroiro.
Segundo a lenda, as marcas nas rochas do miradoiro corresponden ao cabalo de Santiago fuxindo dos mouros polo río .