Praia de Arealonga (Barreiros)
Praia
Entre as parroquias de Reinante e San Miguel.
Longo areal rodeado de duna e dotado de tódolos servizos. Está unida coa praia de A Pasada a través dun paseo marítimo.
Cada 25 de xullo, celébrase nesta praia o Concurso Internacional de Castelos de area, peculiar cita que atrae a numerosos visitantes.
Lonxitude: 1300 metros.
Grao de urbanización: Natural.
Aparcamento: Si.